Diferenzas entre revisións de «Motín de Aranjuez»

m
pequeno arranxo
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética)
m (pequeno arranxo)
 
== O motín ==
O [[17 de marzo]] de [[1808]], tras correr polas rúas de Aranjuez o rumor da viaxe dos reis, unha pequena multitude (composta por empregados dos nobres, posto que ao ser un Real Sitio e non unha vila, Aranjuez non tiña daquela unha poboación vilega que puidese alzarse por si soa), dirixida por membros do partido fernandino —nobres cercanospartidarios aodo príncipe de Asturias—, reuniuse fronte ao [[Palacio Real de Aranjuez|Palacio Real]] e asaltou o palacio de Godoy, queimando aqueles aparellos que non foron directamente saqueados. O día 19, pola mañana, Godoy foi sorprendido agochado entre alfombras do seu palacio e trasladado até o Cuartel de Guardas de Corps, no medio dunha chuvia de golpes.
 
Ante esta situación, e co temor dun [[linchamento]], interveu o príncipe Fernando, verdadeiro dono da situación, conseguindo que o seu pai [[Abdicación|abdicase]] nel no mediodía desa mesma data, converténdose así en [[Fernando VII]].
32.382

edicións