María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo formato
Liña 10:
Para preservar os dereitos da súa filla ao trono de España, María Cristina apoiouse nos políticos liberais moderados, para facer fronte ao opositor da súa filla [[Carlos María Isidro de Borbón]], que estaba apoiado polos sectores do absolutismo.
 
Na súa etapa de rexente, tivo que facer fronte á [[Primeira Guerra Carlista]]. Tratou de gobernar o país por medio dun ''[[Estatuto Real de 1834|Estatuto]]'' apoiándose na figura dun liberal moderado como [[Francisco Martínez de la Rosa|Martínez de la Rosa]], pero a [[Insurrección de La Granja|insurrección de ''La Granja'']] obrigouna a volver ao constitucionalismo. A súa política, hostil aos avances liberais, provocou un "descontento" na súa contra ([[1848]]) xustamente ao remate da Primeira Guerra Carlista. Ademais, durante a súa rexencia no [[1833]], disólvese a ''Xunta Superior'' do [[Reino de Galiza]], dividindo a Galiza en catro provincias. Dende o seu cargo, mandou imprimir a ''[[Carta Xeométrica de Galicia]]'', que elaborara o xeógrafo [[Domingo Fontán]].
 
Renunciou á rexencia e marchou a [[Francia]], deixando en España ásas súas fillas (Isabel e Luísa Fernanda). Nese momento xa era de dominio público que, pouco despois de morrer Fernando VII, María Cristina casara en segredo ([[28 de decembro]] de [[1833]]), en [[matrimonio morganático]], co sarxento [[Agustín Fernando Muñoz]], con quen tivo oito fillos desa relación , o que lle supuxo unha boa parte da súa impopularidade cando finalmente se fixo público.
 
Desde Francia, Cristina conspirou contra o xeralxeneral [[Baldomero Espartero|Espartero]] e promoveu o levantamento frustrado de [[1841]]. Coa caída de Espartero volveu a España, influíu na política do país e participou en negocios "sucios" que fixeron que o seu descrédito e o odio popular se estenderan.
 
Coa revolución de [[1854]] evitou o xuízo grazas á axuda de Espartero, que llea permitiu fuxir. Dende aquel momento fixou a súa residencia en Sainte Adresse (Francia), onde morreu o [[22 de agosto]] de [[1878]].
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
 
=== Outros artigos ===
* tatuto real de 1834
* Martínez de la Rosa
{{Wikisource|Letrilla de los labradores gallegos a los regios desposorios}}
{{Control de autoridades}}