Gripe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Síntomas e signos: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
→‎Vacinación: texto traducido desde a wiki .es:Gripe#Vacunación
Liña 416:
 
A maioría das persoas que contraen a gripe recupéranse nunha ou dúas semanas (unha de enfermidade e outra de convalecencia), pero algunhas desenvolven complicacións graves como pneumonía.<ref name=vacunascielo/> Segundo a [[OMS]]: "Cada inverno, dez millóns de persoas contraen a gripe. A maioría só enferman e auséntanse do traballo durante unha semana, pero a poboación anciá presenta un maior risco de complicacións mortais. Sabemos que a cantidade de falecementos anuais é duns centos de miles de individuos, pero mesmo nos países desenvolvidos as cifras son incertas porque as autoridades médicas non adoitan verificar quen morre realmente a consecuencia da gripe e non doutros cadros parecidos".<ref>Peter M. Sandman and Jody Lanard [http://www.paho.org/English/DD/PIN/Number22_article1a.htm "Bird Flu: Communicating the Risk"] 2005 ''Perspectives in Health Magazine'' Vol. 10 issue 2.</ref> Incluso a poboación sa pode verse afectada e a calquera idade poden producirse complicacións graves. O grupo de poboación de persoas por encima dos 50 anos, os nenos pequenos e a poboación de calquera idade con patoloxía crónica teñen maior risco de padecer esas complicacións, como [[pneumonía]], [[bronquite]], [[sinusite]] ou [[otite]].<ref name=CDCkeyfacts>[http://www.cdc.gov/flu/protect/keyfacts.htm Key Facts about Influenza (Flu) Vaccine] CDC publication. Published October 17, 2006. Accessed 18 Oct 2006.</ref>
== Prevención ==
 
Os suplementos vitamínicos demostráronse inútiles, tanto os de [[vitamina C]] (inocua pois a sobrante adóitase eliminar por ouriños) como os da [[vitamina D]], coa que hai que levar máis coidado pois ao ser liposoluble e non hidrosoluble pode acumularse e provocar [[Hipercalcemia aguda|intoxicación]] se se dan doses altas.
 
=== Vacinación ===
 
Existen vacinas e antivirais para a profilaxe e o tratamento das infeccións polo virus da gripe. As vacinas están formuladas a partir de virus inactivados ou [[Vacina intranasal viva contra a influenza|virións atenuados]] da gripe humana H1N1 e H3N2, así como os dos virus da influenza B. Debido a que a antixenicidade dos virus salvaxes evolucionan, as vacinas se reformulan anualmente. Con todo, cando a antixenicidade das cepas que forman parte das vacinas e a dos virus salvaxes que circulan entre a poboación non coinciden, as vacinas deixan de ser efectivas. Noutras ocasións, mesmo cando ambas as antixenicidades coinciden, pódese dar o caso de que aparezan mutantes que escapan á vacina. Os fármacos máis frecuentes inclúen a amantadina, que inhibe a perda da envoltura dos virións ao interferir con M2, e oseltamivir, que inhibe a liberación dos virións das células infectadas ao interferir con NA. Con todo, os mutantes que son capaces de escapar á vacina xeráronse, principalmente, en exusuarios de drogas e con menor frecuencia para o último fármaco.<ref>{{Cita publicación periódica|apelido= Suzuki |nome= Yoshiyuki |título= Natural Selection on the Influenza Virus Genome |url= http://feelsynapsis.com/pg/file/read/35739/natural-selection-on-the-influenza-virus-genome |revista=Mol. Biol. Evol |volume=23 |número=10 |páxinas=1902-1911 |ano=2006 |pmid=16818477 |doi=10.1093/molbev/msl050 |urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://feelsynapsis.com/pg/file/read/35739/natural-selection-on-the-influenza-virus-genome|dataarquivo=30 de novembro de 2015}}</ref>
 
== Notas ==