Xosé Aldea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Socio fundador e na actualidade director da editorial e consultoría cultural [[Ouvirmos]]. É coordinador xeral e director da feira [[Culturgal]] nasdesde edicións doo 2013, 2014, 2015 e 2016 e forma parte do Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en calidade de director técnico. Foi vicepresidente da [[Asociación Galega de Editores]] desde 2014 até 2016 e membro desde o 2008 da Asoción Galega de Empresa Musicais.
[[Ficheiro:Culturgal 2014 equipo.jpg|miniatura|Equipo do Culturgal 2014]]
 
Desde finais dos anos 1980 participa como promotor e activista cultural en organizacións non gobernamentais relacionadas coa lingua e a cultura. No ano 1998 encargouse da produción executiva de ''A feira das mentiras'', o macroespectáculo galego de [[Manu Chao]], realizado en [[Santiago de Compostela]]. Foi fundador e primeiro director do periódico ''[[Novas da Galiza]]'' (1999) e socio fundador de ''Lonxa Cultural'', primeira distribuidora dixital de produtos musicais galegos (2007). Coordinou por encargo da Xunta de Galicia a programación das actividades da delegación galega na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires (2016).
 
Na actualidade con Ouvirmos xestiona, ao gañar os respectivos concursos públicos, as actividades do Teatro Colón da Coruña e da Cidade da Cultura.
 
== Premios ==