Abrir o menú principal

Cambios

→‎Historia: arranxos varios
 
== Historia ==
Os anos da década de [[1920]] mudaron Tijuana profundamente debido á [[Lei seca nos Estados Unidos de América|prohibición]] do alcohol nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Numerosos norteamericanos pasaban a fronteira para beber e xogar con completa legalidade. Inauguráronse casinos enormes, como [[Agua Caliente]]. [[Caesar Cardini]] dirixiu algúns restaurantes da cidade durante esa época, como o aínda subsistente hotel Caesar's (tamén chamado Caesar's Palace) na rúa principal, agora denominado Avenida Revolución.
 
Os acontecementos internacionais dos anos seguintes tiveron fondas repercusións sobre da cidade. O turismo aumentou de maneira significativa grazas aos norteamericanos que acudían en grande número pola vida nocturna de Tijuana. Paralelamente, numerosos mexicanos, vidos de todo o país, comezaron a se instalar en Tijuana, triplicando a súa poboación. Entre 1940 e 1950, a cidade pasou de 21.971 a 65.364 habitantes.
 
A vida nocturna e o turismo principiaron a diminuír logo da década de 1950, mais Tijuana foise adaptando para atraer unha clientela máis familiar. Actualmente calcúlase que Tijuana acolle uns 80.000 inmigrantes anuais.