Historia de Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Afonso
Liña 164:
Ata a [[ditadura de Primo de Rivera]] o [[distrito electoral de Pontedeume]] estaba representado nas [[Cortes Xerais|Cortes]] de [[Madrid]] por un [[deputado]]. A maioría das veces non se celebraban [[elección]]s por se presentar un único candidato, moitas veces con coaccións aos rivais, que facía innecesaria a votación segundo o famoso artigo 29 da lei electoral (de onde procede a expresión ''[[o carallo 29]]'' que denota escepticismo). Porén algúns destes deputados son lembrados polas súas xestións en algunhas obras públicas importantes para a vila. Mesmo algunhas rúas eumesas levan ou levaron o nome dalgún deles. Destacan os seguintes:
* [[Frutos Saavedra Meneses]]: Foi deputado polo distrito de Pontedeume de [[1860]] a [[1866]]. Reclamou insistentemente a construción do [[ferrocarril]] de [[Palencia]] á Coruña. Tamén fixo xestións para a instalación en Pontedeume dunha estación [[Telégrafo eléctrico|telegráfica]] e a construción do peirao. O 29 de xuño de [[1911]] o concello de Pontedeume deulle ao comezo da rúa da Estación o seu nome.
[[Ficheiro:IlustraciónJuan EspañolaArmada 1904y JUANLosada, ARMADA LOSADA1904.jpg|miniatura|[[Juan Armada Losada]], Marqués de Figueroa.]]
* [[Juan Armada Losada]], ''Marqués de Figueroa'': Representou ao distrito de Pontedeume en Cortes durante oito lexislaturas seguidas, de [[1891]] a [[1910]]. Realizou xestións para obter da [[Deputación Provincial da Coruña|Deputación Provincial]] unha subvención destinada á adquisición do [[Pazo dos Andrade]], a súa horta e demais dependencias. Tratou de acelerar o pago das expropiacións dos terreos da estrada da [[Estación de Pontedeume|Estación]]. Conseguiu diversas partidas de diñeiro público para a construción do [[lavadoiro]] e o amaño do camiño a [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]]. Xestionou a ampliación do peirao na parte lindeira coa nova estrada da Estación, e que non se prohibise a [[pesca]] da [[anchoa]] nas [[Ría de Ares|rías de Ares]] e [[Ría de Betanzos|Betanzos]]. Na sesión do 18 de abril de [[1905]], a corporación municipal acorda darlle o seu nome á praza central do que fora a Horta do Conde que, co paso do tempo, desaparecería por destinárense os terreos a vivendas. En [[1916]] un doante anónimo aporta uns planos e unha suma de diñeiro para urbanizar como [[xardín]] a parte norte da Horta do Conde. Puña a condición de que o xardín levara o nome do [[marqués]]. O xardín faise, mais acabaría sendo nomeado como [[Xardín de Lombardero]].
* [[José Lombardero Franco|José Lombardero y Franco]]: Acadou a acta de deputado polo distrito de Pontedeume en 1910, falecendo durante a lexislatura en [[1912]]. Anteriormente xa fora deputado por [[Arzúa]], [[A Fonsagrada]] e [[Ordes]]. Xa antes de ser deputado por Pontedeume, e xunto co [[Juan Armada Losada|Marqués de Figueroa]] trata de que non se prohiba a pesca da anchoa nas rías de Ares e Betanzos, e de acelerar os pagos das expropiacións da estrada da Estación. A corporación municipal deulle o seu nome a un tramo da estrada da Estación na sesión do 21 de xuño de [[1911]] pola tramitación da ampliación do peirao aproveitando a construción da estrada da Estación.