Filme en cor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Imaxe
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 21:
En 1929 [[Kodak|Eastman Kodak]] presentou o seu propio sistema de películas branco e negro preteñidas denominado [[Sonochrome]]. A liña Sonochrome permite obter películas tinguidas en dezasete cores diferentes incluídos Peachblow, Inferno, Candle Flame, Sunshine, Purple Haze, Firelight, Azure, Nocturne, Verdante, Aquagreen, Caprice, Fleur de Lis, Rose Doree, e o Argent que era neutral, e que se utilizaba para evitar que a pantalla se volvese  excesivamente brillante ao cambiar a escenas en branco e negro.
 
En 1932 a fotografía en cor fora case abandonada polos principais [[sistema de esutdios|estudios]], ata que o desenvolvemento do [[Technicolor]] supuxo un novo avance na gravación das tres cores primarias. Empregando un equipo especial con dous [[prisma (óptica)|prismas]] con forma de cubo, a luz da [[lente (óptica)|lente]] era desviada polos prismas e separada en dous camiños para expor cada un dos tres negativos en branco e negro (cada un para gravar as densidades para o vermello, verde e azul).<ref name="afitech">Slide, Anthony. (1990) "Technicolor" ''The American Film Industry: A Historical Dictionary'' Limelight pp. 338-340. ISBN 0-87910-139-3</ref> Os tres negativos imprimíanse entón en matrices de xelatina que tamén descolorían completamente a imaxe, limpando a prata e deixando só a gravación da imaxe.<ref name="awsm">Hart, Martin (2003). "[http://www.widescreenmuseum.com/oldcolor/technicolor6.htm The History of Technicolor]" Widescreenmuseum.com. Retrieved 2006-07-07.</ref> O primeiro filme de animación co sistema de tres cores foi ''[[Flowers and Trees]]'' (1932), de [[Walt Disney]], a primeira curtametraxe de ficción foi ''La Cucaracha'' (1934) e a primeira longametraxe foi ''[[Becky Sharp (filme)|Becky Sharp]]'' (1935).<ref name="encyclopedia">Ephraim Katz, ''The Film Encyclopedia'' (HarperCollins, 1994) ISBN 0-06-273089-4</ref>
 
== Notas ==