Germán Coppini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxos lingüísticos.
Liña 20:
'''Germán Coppini López-Tormos''', nado en [[Santander]] en [[1961]] e finado en [[Madrid]] o [[24 de decembro]] de [[2013]],<ref>[http://www.manerasdevivir.com/noticias/52115/ Manerasdevivir.com]</ref><ref>[http://zm.nu/2013/12/24/ha-fallecido-german-coppini/ ''Zona Musical'']</ref> coñecido artisticamente como '''Germán Coppini''', foi un cantante pop, fundador de [[Siniestro Total]] ou [[Golpes Bajos]], e persoeiro fundamental da [[movida viguesa]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
=== Siniestro Total ===
A principios de 1980 forma xunto con [[Miguel Costas]] á guitarra e [[Julián Hernández]] á batería o grupo afeccionado [[Coco y los del 1.500]], no que fai de vocalista. Entre finais de agosto e principios de setembro de 1981 os seus compañeiros cambian o nome do seu outro grupo, que comparten con [[Alberto Torrado]], [[Mari Cruz Soriano y los que Afinan su Piano]], por [[Siniestro Total]], e ante a necesidade dun vocalista, disolven ''Coco y los del 1.500'' e incorporan a voz de Germán ó novo grupo.
Liña 35:
Xa como vocalista de Golpes Bajos, a mediados de 1983 edita coa discográfica [[Nuevos Medios]] un maxisinxelo homónimo, do que consiguen vender máis de 20.000 copias, o que fai que chegue a intervir na película musical ''A tope'' interpretando o tema dese maxisinxelo "Malos tiempos para la lírica" na [[Sala RockOla]] de [[Madrid]]. O 28 de xuño dese mesmo ano aparecen de novo no programa ''La edad de oro'', no que conceden unha entrevista, ademais de tocar dous temas do maxisinxelo e un terceiro aínda inédito, "Fiesta de los maniquíes".
 
Mercede ó éxito deste primeiro traballo, o grupo pode permitirse continuar con Nuevos Medios e editar un LP completo en 1984 co nome de ''A Santa Compaña'', acompañado dos sinxelos coas cancións "Escenas olvidadas" e "Fiesta de los maniquíes" e do maxi "Colecciono moscas". Ademais, realizan un [[videoclip]] para o programa ''[[La Bola de Cristal]]'' do tema "Cena recalentada", e Germán colabora no disco de [[Alaska y Dinarama]] ''Deseo Carnal''. En canto ós galardóns, reciben o premio ''Ícaro'' ó mellor grupo revelación de ''[[Diario 16]]'' e o premio ó mellor grupo de 1984 outorgado pola sala ''RockOla''.
 
Xa a principios de 1985 Golpes saca o seu terceiro e último traballo, de novo con Nuevos Medios, un [[mini-LP]] titulado ''Devocionario'', acompañado polos sinxelos dos temas "La virgen loca" e "Desconocido". A xira deste disco finaliza na primavera dese aon cun concerto en [[Tarragona]] na que o grupo anuncia publicamente a súa disolución.
Liña 53:
 
=== En solitario: desde ''Carabás'' ===
Tralo novo álbum, en 1997 interviu nos coros da canción "Juncal" no disco ''Carbono catorce'' do grupo [[Vainica Doble]], e a finais dese mesmo ano Teo Cardalda e el volven reunirse ó ver os esperanzadores resultados do dobledobre CD publicado seis anos antes, de modo que inician unha xira a nivel estatal que comeza o 17 de marzo de 1998 no Teatro Cervantes de [[Málaga]] coa presentación do novo disco en falso directo ''Vivo''; pero ó finalizar a xira e comprobar os discretos resultados comerciais do álbum, deciden abandonar o proxecto.
 
Así pois, en xaneiro de 1999 Germán volve á súa actividade normal de colaboración en discos doutros artistas e intervén na canción "Coplillas de la mitómana" de Vainica Doble, no seu EP "Miss Labores", que é editado na primavera dese ano. E xusto antes de comezar o verán pon letra á canción "Amor garantizado" do disco ''Castaña'' de [[Tomasito]].