Búfalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 31:
 
== Características ==
Trátase dun bóvido bastante grande, de 1,8 m de altura na cruz e que acada excepcionalmente os 1.200 kg de peso no caso dos machos. As femias son máis pequenas e nunca superan os 1.000 kg. O tronco é robusto e alongado, co pescozo curto, e sen papada. Gran parte do corpo está desprovisto de pelo, ou o presenta ríxido e de moi curta lonxitude. A [[coloración animal|coloración]] é en xeral agrisada, pero pode variar desde a branca até a negra. Os cornos están aplanados e curvados cara a atrás, coas puntas moi separadas, chegando a alcanzar 1,2 m de envergadura máxima entre punta e punta.
 
O apelativo de "búfalo acuático" (o "búfalo de agua", que din algúns) provén da preferencia que ten o animal polas zonas encharcadas ou pantanosas, onde se somerxe parcialmente e camiña sobre a lama do fondo sen dificultade grazas aos seus largos pezuños que impiden que afunda en exceso.