Atol Mururoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
O nome ''Moruroa'', na lingua de [[Mangareva]], quere dicir "illa do gran segredo". Normalmente escríbese ''Mururoa'', pero non existe unha grafía oficial ao non ter unha organización administrativa. O atol foi descuberto en [[1767]] polo inglés Philip Carteret, que a chamou ''Osnaburg''. En [[1792]] naufragou o baleeiro ''Matilda'' e os sobreviventes conseguiron chegar ata Tahití coas barcas de salvamento. Tamén se coñeceu como ''Matilda's Rock''.
 
Desde [[1966]] ata [[1974]] fixéronse 41 probas nucleares atmosféricas e, ata [[1995]], 137 probas subterráneas. A última campaña de ensaios, antes da firma do tratado de prohibición total de ensaios nucleares, provocou unha serie de protestas internacionais e de boicots, sobre todo de paises do [[Pacífico]] e de organizacións internacionais, como [[Greenpeace]]. Os ensaios foron abandonados definitivamente o [[1996]], substituidos por simulacións en laboratorio. Hoxe a armada francesa ten un dispositivo de vixilancia da evolución xeolóxica e radiológica do atolónatol.
 
[[Category:Illas e arquipélagos]][[Category:Polinesia francesa]][[Category:Atois]]