UNIX: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
m →‎X Window System: Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Liña 173:
Alén do ''[[shell]] '', o UNIX soporta [[interface gráfica de usuario]]. Nas primeiras versións do UNIX as interfaces do usuario eran baseadas apenas en caracteres (modo texto) e o sistema compúñase apenas do ''kernel'', de bibliotecas de sistema, do ''shell'' e dalgunhas outras aplicacións. As versións máis recentes do UNIX, alén de manteren o ''shell'' e seus comandos, inclúen o [[X Window System]] que, grazas ao xestor de exhibición e ao [[xestor de xanela]]s, posúe unha interface atraente e intuitiva que aumenta en moito a produtividade do usuario.
 
Desenvolvido no [[MassachusettsInstituto Institutede ofTecnoloxía Technologyde Massachusetts|MIT]] (Massachusetts Institute of Technology), o X Window System (tamén pode ser chamado X-window) tornouse o sistema gráfico do UNIX. O X-window funciona como xestor de exhibición e por si só, non fai moita cousa. Para termos un ambiente gráfico produtivo e completo, precisamos tamén dun xestor de xanelas.
 
O xestor de xanelas proporciona ao ambiente gráfico a aparencia e as funcionalidades esperadas incluíndo as bordas das xanelas, botóns, truques de ''rato'', menús etc. Como no sistema UNIX o xestor de exhibición (X Window System) está separado do xestor de xanelas, dicimos que o seu ambiente gráfico é do tipo [[cliente-servidor]]. O X-window funciona como servidor e interactúa directamente co ''rato'', o teclado e o vídeo. O xestor de xanelas funciona como cliente e aprovéitase dos recursos dispoñibilizados polo X-window.