Historia do cinema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 41:
No cinema estadounidense os anos cincuenta estiveron marcados pola [[guerra fría]] e a persecución do [[House Un-American Activities Committee]], que investigaba as supostas simpatías comunistas dos cineastas. O comité mesmo creou unha lista negra onde estaban nomes coma o de [[Dalton Trumbo]], aos que se lle impediu traballar. Isto provocou que persoeiros coma [[Charles Chaplin]] fuxiran a Europa.
 
Nestes anos comezaron a traballar no cinema unha nova xeración de cineastas que comezaran na televisión, como [[Arthur Penn]] ou [[Delbert Mann]]. A forza que xa tiña este novo medio fixo decaer o público das [[sala de cinema|salas]], o que se tratou de contrarrestar creando grandes sistemas de exhibición, coma o [[CinemaScope]], estreado en 1953 con The Robe. Tamén se tratou de desenvolver un sistema de cinema en 3-D, sen grandes resultados.
 
[[Ficheiro: Akirakurosawa-onthesetof7samurai-1953-page88.jpg|miniatura|Akira Kurosawa]]