Diferenzas entre revisións de «Mesalina»

 
== Reputación ==
[[Ficheiro:MessalineLisisca.jpg|miniatura|esquerda|Mesalina traballando nun burdelbordel, de Agostino Carracci, finais do século XVI.]]
Co seu ascenso ó poder, Messalina entra na historia cunha reputación de ser desapiadada, depredadora e sexualmente insaciable. O seu esposo é representado como doadamente conducido por ela e inconsciente dos seus moitos adulterios. No ano [[48]], el marchou de viaxe e foi informado cando regresou que Mesalina chegara a casar co seu último amante, o senador [[Caio Silio (cónsul designado)|Caio Silio]]. Malia que moitos a tería condenado a morte, o emperador ofreceulle outra oportunidade. Ó ver iso como unha debilidade, un dos seus principais oficiais argallou de costas ó emperador e ordenou a morte de Mesalina. Ó escoitar as novas, o emperador non reaccionou e sinxelamente pediu outro cálice de viño. Despois , o [[senado romano]] ordenou unha [[damnatio memoriae]] para que o nome de Mesalina fose borrado de tódolos lugares públicos e privados e tódalas súas estatuas fosen derrubadas.
 
Os historiadores que relataron tales sucesos, principalmente [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] e [[Suetonio]], escribiron 70 anos despois dos eventos, nun ambiente hostil contra a liña imperial á que pertencía Mesalina. A historia relatada por Suetonio está chea de escándalos. Tácito di que os seus textos transmiten ‘o que foi escoitado e escrito polos meus maiores’ sen citar outras fontes que as memorias de [[Agripina a Menor]], que argallou para desprazar os fillos de Mesalina da sucesión imperial e polo tanto tiña un interese especial en escurecer o nome do seu predecesor.<ref>K.A.Hosack, “Can One Believe the Ancient Sources That Describe Messalina?“, ''Constructing the Past'' 12.1, 2011]</ref> Tense argumentado que o que pasou á historia da súa vida é o resultado das sancións políticas que seguiron á súa morte.<ref>Harriet I. Flower, ''The Art of Forgetting: Disgrace and Oblivion in Roman Political Culture'', University of North Carolina 2011, [https://books.google.com/books?id=JSccdOtgTboC&lpg=PA42-IA3&ots=o4NqY5e0aB&dq=%22The%20sanctions%20against%20the%20memory%20of%20valeria%20messalina%22&pg=PA42-IA3#v=onepage&q=%22The%20sanctions%20against%20the%20memory%20of%20valeria%20messalina%22&f=false pp 182-9]</ref>
 
As acusacións de excesos sexuais foron consideradas como unha táctica de difamación e o resultado dunha ‘hostilidade motivada politicamente’.<ref>Thomas A. J. McGinn, ''Prostitution, Sexuality, and the Law in Ancient Rome'', Oxford University 1998 [https://books.google.com/books?id=tYrwh9ZD_6wC&lpg=PA170&dq=Messalina%20Juvenal&pg=PA170#v=onepage&q=Messalina%20Juvenal&f=false p 170]</ref> Dous relatos contribuíron especialmente nesa fama. Un é a historia da súa competición cunha prosituta de manter sexo toda a noite, que se relata no Libro de X da ''[[Naturalis historia]]'' de [[Plinio o Vello]], segundo a cal a competición durou 24 horas e Mesalina gañou por deitarse con 25 homes.<ref>Online translation, [http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.02.0137%3Abook%3D10 X ch.83]</ref> O poeta [[Xuvenal]] tamén ofrece unha coñecida descrición na súa [[Sátiras (Xuvenal)|sexta sátira]] de como a emperatriz adoitaba traballar clandestinamente nun burdelbordel baixo o nome de Loba.<ref>[http://www.poetryintranslation.com/PITBR/Latin/JuvenalSatires6.htm#_Toc282858857 Poetry in translation, VI.114-135]</ref> Tamén alude a historia de como impulsou a Caio Silio a divorciarse e casar con ela na Sátira X.<ref>Translation by A. S. Kline, [http://www.poetryintranslation.com/PITBR/Latin/JuvenalSatires10.htm#_Toc284248936 lines 329-336]</ref>
 
== Notas ==
289.828

edicións