Diferenzas entre revisións de «Mesalina»

 
== Familia ==
Mesalina era a filla de [[Domicia Lépida]] e o seu curmán [[Marco Valerio Mesala Barbado Mesalino]].<ref>''Prosopographia Imperii Romani'' V 88</ref><ref>Suetonius, ''Vita Claudii'', 26.29</ref> A súa nai era a filla máis nova do cónsul [[Lucio Domicio Enobarbo (cónsul -16)|Lucio Domicio Enobarbo]] e [[Antonia a Maior]]. O irmán da súa nai, [[Cneo Domicio Enobarbo (cónsul 32)|Cneo Domicio Enobarbo]], foi o primeiro marido da futura emperatriz [[Agripina a Menor|Agripina]] e o pai biolóxico do futuro emperador [[Nerón]], o que fai que Nerón e Mesalina fosen curmáns malia levarse dezasete anos de diferenza. Os avoas de Mesalina, [[Claudia Marcela]] e [[Antonia a Maior]] eran medio irmás. Claudia Marcella, a avoa paterna de Mesalina, era a filla da irmá de [[Octavio Augusto|Augusto]] [[Octavia a Menor]] polo seu matrimonio con [[Caio Claudio Marcelo]]. Antonia a Maior, avoa materna de Mesalina, era a filla maior de Octavia polo seu matrimonio con [[Marco Antonio]], e era a tía materna de Claudio. Compróbase polo tanto, a [[endogamia]] da familia]].
 
Pouco se coñece da vida de Mesalina antes do seu matrimonio no ano 38 con [[Claudio]], que daquela tiña 48 anos. Dous fillos naceron como resultado da súa unión: unha filla [[Claudia Octavia]] (nada en 39 ou 40), a primeira muller do emperador [[Nerón]]; e un fillo, [[Tiberio Claudio César Británico|Británico]]. Cando o emperador [[Calígula]] foi asasinado no ano 41, a [[Garda Pretoriana]] proclamou a Claudio como novo emperador e Mesalina converteuse en emperatriz.
288.274

edicións