Fruxívoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Fonte primaria|data=setembro de 2017}}
{{Sen referencias|data=setembro de 2017}}
[[Ficheiro:Orang Utan, Semenggok Forest Reserve, Sarawak, Borneo, Malaysia.JPG|miniatura|O [[orangután de Borneo]] (''Pongo pygmaeus'') é fruxívoro.]]
Os [[Animalia|animais]] '''fruxívoros''' (do [[latín]] ''frux'', ''frugis'', "froito" e -''vorus'', "que come") son aqueles que se alimentan de froitos, sexa parcial ou exclusivamente. En latitudes tépedas este tipo de alimentación, a diferenza do que sucede no [[trópico]], adoita ser estacional. A relación que existe entre os animais fruxívoros e as plantas é beneficiosa para ambos e constitúe unha forma de [[coevolución]]. As plantas gastan enerxía en rodear a semente cunha envoltura, a polpa, moi nutritiva, xa que contén moitos azucres; con todo, compensan este gasto ao conseguir un mecanismo moi eficaz de propagación das [[diáspora]]s vexetais. O beneficio dos animais reside en alimentarse dunha fonte moi enerxética. Os animais inxeren o froito completo e despois de dixerir a polpa expulsan as sementes, ben polas feces ou ben en forma de [[egagrópila]]s, en puntos normalmente afastados do lugar de alimentación. As plantas deféndense dos fruxívoros oportunistas, que danan ou non dispersan as sementes, mediante substancias químicas (velenos ou substancias de sabor desagradable) ou cubertas protectoras.