Historia da informática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Anos 60: Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Liña 104:
A aparición do [[IBM 360]] marcou o comezo da [[terceira xeración de ordenadores]]. As placas de circuíto impreso con múltiples compoñentes pasan a ser substituídas polos [[circuíto integrado|circuítos integrados]]. Estes elementos son unhas placas de [[silicio]] chamadas [[chip]]s, sobre cuxa superficie deposítanse por medios especiais unhas impurezas que fan as funcións de diversos compoñentes electrónicos. Isto representa un grande avance en canto a velocidade e, en especial, en canto a redución de tamaño. Nun chip de silicio non maior que un centímetro cadrado caben 64.000 [[bit]]s de información. En [[núcleo de ferrita|núcleos de ferrita]] esa capacidade de memoria pode requirir preto dun litro en volume.
 
Investigadores do [[Instituto Tecnolóxicode Tecnoloxía de Massachusetts]] (MIT), da [[Corporación RAND]] e do [[Laboratorio Nacional de Física]] da Gran Bretaña, presentaron simultaneamente solucións ao proposto polas Forzas Armadas norteamericanas. E ese mesmo ano a Forza Aérea asignoulle un contrato á [[Corporación RAND]] para a chamada "rede descentralizada". Ese proxecto fracasou logo de moitos intentos e nunca foi realizado, pero a idea dunha [[Rede informática|rede]] que non dependese dun só punto central e coa transferencia de datos por paquete quedouse ancorada na cabeza de moitas persoas.
 
[[Paul Baran]], quen por ese entón traballaba coa corporación RAND, foi un dos primeiros en publicar en ''Data Communications Networks'' as súas conclusións en forma case simultánea coa publicación da tese de [[Leonard Kleinrock|Kleinrock]] sobre a teoría de liñas de espera. Deseñou unha rede de comunicacións que utilizaba ordenadores e non tiña núcleo nin goberno central. Ademais, asumía que todas as unións que conectaban as redes eran altamente desconfiables.