Xadrez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 54:
:'''[[Peón (xadrez)#Movemento do peón|Saída de peón]]''': Dáse só no primeiro movemento de cada peón dende a súa posición inicial, dende onde estes poden avanzar dúas casas. No resto do taboleiro unicamente está permitido que avancen unha casa en vertical ou en diagonal
 
:'''[[Peón (xadrez)#A captura ao paso do peón|Comer ó paso]]''': Para comprender este movemento debemos concibir o movemento de dúas casas que pode realizar un peón cando se move por vez primeira como dous semi-movementos de avance consecutivos con cadanseu movemento de só unha posición. Polo tanto, un peón atacante pode estar afectado pola defensa se recibe un contraataque dende a posición tralo primeiro semi-movemento do outro peón defensor, que executaría un movemento dobre, ao comer o peón inimigo que se sitúa ao seu lado sen ocupar a casa onde estaba este, avanzando cara a casa que ocuparía se o peón negro só adiantase unha casa).
 
:'''[[Enroque]]''': En determinadas situacións nas que un está sendo atacado, sería aconsellable poder mover varias pezas ó mesmo tempo. O enroque é a única xogada do xadrez na que acontece isto. O movemento consiste en mover o rei dúas casas en dirección a unha das dúas torres e mover a torre a beira do rei pasando por encima deste, cando o enroque se realiza coa torre máis próxima ó rei chámase enroque curto mentres que se é coa torre máis afastada chámase enroque longo. O enroque só se pode realizar se tanto a torre coma o rei non se moveron durante toda a partida, ademais o rei non pode estar en [[xaque]] ou pasar por unha casa ameazada por unha peza contraria. Este movemento defensivo nas meirande parte das partidas dáse nos primeiros movementos da apertura.