Diferenzas entre revisións de «Francisco Franco»

m
Desfíxose a edición de 80.25.121.159 (disc.), cambiado á última versión feita por Loveless
m (Desfíxose a edición de 80.25.121.159 (disc.), cambiado á última versión feita por Loveless)
==A Ditadura==
[[Image:Franco0001.PNG|250px|thumb|Francisco Franco]]
En [[1947]], un fraudulento referendo nacional ratificouno na xefatura vitalicia do Estado. O goberno de Franco caracterizouse pola instauración dun verdadeiro réxime, de tipo autoritario e pragmático. Só se permitía "[[sindicatos verticais]]" (que unían a patróns e obreiros), e un único partido, [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS]], constituído por fusión da [[Falange Española]] e o carlismo e as [[Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista]] (JONS), que se uniran a Falange antes da guerra. Así, o réxime estaba fundamentado nun ideario de ultradereita, de confesión católica, baseado nunha economía capitalista que integraba proxectos sociais, como a [[Seguridade Social]], sistema sanitario público que se desenrolou amplamente durante a dictadura. Ao igual que se fixo na [[Alemania]] nazi, debido a situación de confesionalidade católica, Franco tratou de estorbar e en algúns casos eliminar toda actividade de calquera confesión relixiosa que molestara ao clero católico.
 
Ao comezar en [[Europa]] a [[Segunda Guerra Mundial]], Franco mostrouse partidario da vitoria de [[Hitler]]] e [[Mussolini]], mais rexeitou entrar na loita a pesar das presións que recibiu nese sentido polo feito de que os dous dictadores europeos o apoiaran durante a [[Guerra Civil]]. Permitiu, sen embargo, que voluntarios españois ([[División Azul]]) partisen para apoiar as potencias do Eixo no fronte ruso. Do mesmo xeito, existiu unha amplia tolerancia ante a actuación dos axentes do Eixo, principalmente alemáns, en [[España]]. Por todo iso [[España]] quedou situada máis na non belixerancia ca na neutralidade.
 
4.946

edicións