Julian Schwinger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 30:
Schwinger naceu en [[Nova York]] e estudou no [[Universidade da Cidade de Nova York|City College of New York]]. Despois foi transferido á [[Universidade de Columbia]], onde recibiu a súa B.A. (graduación) en [[1936]] e o seu Ph.D. (doutorado, supervisado por [[Isidor Isaac Rabi]]) en [[1939]]. Traballou na [[Universidade de California, Berkeley]] (con [[Robert Oppenheimer]]) pasando loga á [[Universidade de Purdue]].
 
Durante a [[segunda guerra mundial]] Schwinger traballou no [[Laboratorio de Radiación]] do [[Instituto Tecnolóxicode Tecnoloxía de Massachusetts|MIT]], dando o soporte teórico para o desenvolvemento do [[radar]]. Intentou aplicar o seu coñecemento como físico nuclear ós problemas de enxeñaría do [[electromagnetismo]], e chegou ós resultados da dispersión nuclear. De resultas, Schwinger comezou a aplicar o seu coñecemento da radiación á [[Mecánica cuántica|física cuántica]].
 
Logo da guerra, Schwinger deixou Purdue pola [[Universidade Harvard]], onde ensinou dende [[1945]] a [[1972]]. Casou en [[1947]]. Durante este tempo, desenvolveu o concepto de [[renormalización]], que explicaba o [[Efecto Lamb]] no [[campo magnético]] do electrón. No seu estudo das partículas elementais,chegou á conclusión de que os [[neutrino]]s poden pertencer a múltiples variedades, asociadas cos tipos de [[leptón]]s como o [[electrón]] e o [[muón]], o que foi verificado experimentalmente en anos recentes.
 
Tendo supervisado máis de setenta disertacións doutorais, Schwinger é coñecido como un dos máis prolíficos asesores en física. Catro dos seus estudantes gañaron o [[Premio Nobel]]: [[Roy J. Glauber]], [[Ben Roy Mottelson]], [[Sheldon Lee Glashow]] e [[Walter Kohn]] (este último en [[Premio Nobel de Química Química]]).
 
Na súa longa carreira, non conforme coa complexidade doutras explicacións dos experimentos con partículas elementais, Schwinger desenvolveu a [[teoría fonte]]. Schwinger deixou Harvard en [[1972]] por unha posición na [[Universidade de California, Los Ángeles]] onde continuou co seu traballo na source theory, ata a súa morte.