Fly-by-wire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=aramio
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Fly-By-Wire''', ou '''Voo-Por-Cables''', é un sistema de control de voo que consiste en controlar de maneira remota un proxectil, [[avión (medio de transporte)|avión]] ou nave a través dun arame que transporta datos de control de voo. O sistema consiste nas superficies de control de voo, o sistema de manexo na cabina de control, o enlace físico e os mecanismos necesarios para controlar unha aeronave en voo. É necesario diferenciar entre os sistemas aeronáuticos dispoñibles para civís e doo sistema do mesmo nome utilizado pola milicia para controlar mísiles de curto alcance. Este artigo refírese a esta última definición.
 
O sistema de voo por cable utilizado pola milicia consiste nun [[mísil]], lanzado por medios convencionais, que queda unido á súa plataforma lanzadora a través dun par de arames, os cales lle permiten ao operador controlar as superficies de control, de xeito que é posible guiar o mísil cun grao de exactitude considerable cara o seu obxectivo. O sistema é de curto alcance, cunha distancia de 500 a 1500 metros dende a súa base. Xeralmente o mísil conta cunha cámara que lle permite ao operador verificar a súa dirección de voo.