Sistema Integrado de Información Taxonómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei "en tea de xuízo" por "en cuestión" segundo http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/dubidas/glosario/e1.html
Liña 6:
O ITIS axuda a elaborar unha [[base de datos]] completa e accesíbel de información taxonómica para cada unha das [[especies]] e outros [[taxon]]s recoñecidos, incluíndo tanto o seu lugar no sistema xerárquico da [[clasificación científica]] como as referencias ás autoridades na materia que o situaron na súa posición taxonómica. As súas prioridades iniciais son as especies de [[Norteamérica]], pero utiliza os resultados das investigacións internacionais. A súa base de datos pódese consultar na páxina oficial da organización na [[Internet]].
 
A taxonomía biolóxica non é inamovíbel, e as opinións sobre o correcto status dun taxon a todos os niveis, e sobre a súa correcta situación, son constantemente revisadas, como resultado de novas investigacións, e moitos aspectos da clasificación permanecen sempre en tea de xuízocuestión. A base de datos do ITIS está posta ao día tanto como é posíbel, contando coas novas investigacións, e a información que manexa é a máis aproximada para representar un claro consenso das opinións taxonómicas máis actualizadas. Esta información non é, obviamente, definitiva, e probabelmente é máis fiábel para algúns grupos que para outros. Debe, de todos os modos, contrastarse con outras fontes dispoñíbeis, e coa literatura científica primaria en todo o posíbel.
 
== Notas ==