Gran Cisma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Orixes: arranxiños
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei "en tea de xuízo" por "en cuestión" segundo http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/dubidas/glosario/e1.html
Liña 30:
A ruptura comezou a fraguarse a raíz da preocupación do [[Papado]] por uniformar os ritos no Sur de [[Italia]], recentemente conquistada polos [[normandos]] aos [[Bizancio|bizantinos]]. Chocou con a oposición do patriarca de Constantinopla, [[Miguel Cerulario]] (Kerularios), que a súa vez estaba preocupado por uniformalos nos dominios de Constantinopla. Seguiu un intercambio de cartas desgraciadas nas que se subliñaba o [[Ecumenismo]] do patriarcado constantinopolitano, á par que o Emperador bizantino [[Constantino IX (Emperador bizantino)|Constantino IX]] era partidario dunha alianza con Roma e desexaba a conciliación.
 
O Papa [[León IX]] enviou a Constantinopla os [[legado]]s [[Humbert de Moyenmoûtier]], [[Frédéric de Lorraine]] (máis tarde Papa co nome de [[Estevo IX, papa|Estevo IX]]) e [[Pierre d'Amalfi]]. Humbert e Miguel Cerulario manteñen susceptibilidades mutuas. O debate tornouse un intercambio de insultos francamente inxuriosos. Humbert subliña o problema do ''filioque''. O [[16 de xullo]] de [[1054]], Humbert e os outros legados depositan a bula de [[excomuñón]] contra Cerulario sobre o altar da catedral de [[Hagia Sophia|Santa Sofía]], saen e sacoden o po do seu calzado. Isto semella unha alusión a unha pasaxe do [[Evanxeo de San Lucas]] (9:6): « ''E, se as xentes non vos reciben, saíde desa cidade e sacudídevos o po dos pes, en testemuña contra eles'' ». O 24 de xullo, o [[sínodo]] permanente bizantino replica botando un [[anatema]] contra os legados. O Papa non foi posto en tea de xuízocuestión. O asunto non foi tomado demasiado en serio na época, a pesar da [[excomuñón]], algúns anos despois, contra o Emperador [[Aleixo I Comneno]], por outra parte levantada polo Papa [[Urbano II, papa|Urbano II]].
 
Será a partir do [[século XII]] cando o asunto se acedou coincidindo con as [[Cruzada]]s e o declinar do Imperio bizantino e medran as rivalidades entre os Estados occidentais. O saqueo de Constantinopla, durante a [[Cuarta Cruzada]], en [[1204]], sería o acontecemento determinante.