Conversa:Esteiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
 
*Que teima coa etimoloxía de esteiro... Como ben ve vostede, cómpren amplamente dous parágrafos para xustificar con bastante exactitude a forma latina. A caída do -m final do acusativo é algo que probablemente sucede nunha época determinada, polo cal dicir que ''en latín'' era así é cando menos impreciso. Todas esas detalladas explicacións que son necesarias para que unha información etimolóxica sexa verídica e verificable (unha cita de César non é proba etimolóxica; a penas comprobación de que esa palabra existía en latín no século I), fan extremadamente complexo achegar este tipo de informacións na Galipedia. Os meus coñecementos chegan para saber que o que vostede escribiu ao comezo era incorrecto; porén, as miñas fontes non abondan para escribir dous parágrafos sobre a etimoloxía de esteiro, se este fose o sitio pertinente para facelo. Por outra parte, non vai esborroar a Galipedia por unha etimoloxía imprecisa ou falsa. Así que, se vostede máis ou menos entende as razóns que empreguei para borrar esa referencia no artigo inicial, xa me dou por satisfeito. E a partir de agora faga o que desexe coa etimoloxía de esteiro: se atopa un texto suevo onde se cite a palabra e decide que esteiro procede do suevo, eu non llo penso discutir. Saúde. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 13:14, 23 agosto 2007 (UTC)
 
**Ah, e ao revés que no dereito penal, onde as persoas son inocentes mentres non se demostre o contrario, na Galipedia as afirmacións hai que referencialas o que máis se poida pra evitar que alguén as borre por falsas. Non ao revés. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] 13:17, 23 agosto 2007 (UTC)
Volver á páxina "Esteiro".