Diferenzas entre revisións de «Arandeira vermella»

m
Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (4)
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: genus = ''Vaccinium'' → genus = Vaccinium (2))
m (Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (4))
''Vaccinium oxycoccus''
}}
[[Ficheiro:Cranberrymap.jpg|thumbminiatura|250px|Distribución mundial aproximada da arandeira vermella. Encarnado: Vaccinium oxycoccus. Laranxa: Vaccinium microcarpum. Verde: Vaccinium macrocarpon.]]
 
O termo '''arandeira vermella''' ou co nome [[Lingua inglesa|inglés]]: '''''cranberry''''', fai referencia a un grupo de gamallos ananos perennes do xénero '''''[[Vaccinium]]''''', subxénero '''''Oxycoccus''''', malia consideraren algúns [[botánico|botanistas]] a '''''[[Oxycoccus]]''''' un xénero á parte. Medran en [[turbeira]]s de carácter acedo nas zonas máis frías do [[Hemisferio Norte]].
 
[[Ficheiro:Vaccinum oxycoccos 120604.jpg|left|thumbminiatura|Flores de ''Vaccinium oxycoccus''.]]
 
A arandeira vermella é baixa, con talos magros de 10 cm ou menos de longo, e follas pequenas perennes. As flores son de cor rosa escuro, con distintivos [[pétalo]]s "reflectidos" que deixan o [[carpelo|estilo]] e os [[estame]]s completamente expostos, apuntando cara adiante. O froito é unha [[baga]] auténtica de tamaño superior ao das follas. É inicialmente branco, mais se torna dun encarnado intenso ao madurecer. É comestíbel, cun sabor acedo que pode agochar a súa dozura.
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Jonathan eastman johnson cranberry harvest.jpg|thumbminiatura|''A Colleita de Arando Vermello na Illa de [[Nantucket, Massachusetts|Nantucket]]'', [[Eastman Johnson]], 1880.]]
O arando vermello formou parte da dieta dos pobos árticos durante milenios, e segue a ser un froito moi popular en [[Escandinavia]] e [[Rusia]]. En [[Escocia]] as bagas eran apañadas en gamallos bravos, porén a perda de [[hábitat]]s axeitados fixeron escasear as plantas. No leste de América do Norte, os [[amerindio]]s utilizaban os froitos do ''[[Vaccinium macrocarpon]]'' como alimento sendo un dos ingredientes principais do alimento de supervivencia chamado [[pemmican]]. Sábese que llo ensinaron aos famentos colonos ingleses en [[Massachusetts]] arredor de 1620, polo que o arando vermello foi incorporado á tradicional festa do [[Día de Acción de Grazas]].
 
== Cultivo e aplicacións ==
[[Ficheiro:Cranberrys beim Ernten.jpeg|thumbminiatura|left|Colleita de arandos vermellos en Nova Jersey.]]
O arando vermello ou ''cranberry'' é un importante cultivo comercial en varios estados dos [[Estados Unidos]] e en varias provincias [[Canadá|canadenses]]. Tamén no sur de [[Chile]] e da [[Arxentina]], nos [[Estados bálticos]] e en [[Europa Oriental]] existen pequenas áreas de produción.
 
393.002

edicións