Arquipélago de Terra de Fogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro (2), {{cite web → {{Cita web (2), |thumb| → |miniatura| (2)
m →‎Colonización europea e extinción dos nativos americanos (1860-1910): Arranxos varios, replaced: {{cite news → {{Cita novas
Liña 60:
Durante a segunda metade do século XIX, o arquipélago comezou a estar baixo influencia chilena e arxentina. Ambos países trataron de reclamar todo o arquipélago con base nos títulos coloniais españois "de jure". Establecéronse misións católicas en Río Grande e Illa Dawson.
 
As misións [[Comuñón Anglicana|anglicanas]] foron establecidas por colonos británicos na [[Illa Keppel]] e nas [[Illas Malvinas]] en 1855 e en 1870 en Ushuaia na illa principal, que continuou funcionando durante o século XIX. Thomas Bridges (1842-1898) aprendeu a linguaxe e compilou unha gramática e un dicionario de Yaghan de 30.000 palabras mentres traballaba en Ushuaia. No século XX considerouse como unha importante obra etnolóxica.<ref name="NY Times">{{citeCita newsnovas|title=Cook Tried to Steal Parson's Life Work|url=http://query.nytimes.com/mem/archive-free/pdf?res=FA0C11FB3E5417738DDDA80A94DD405B808DF1D3|accessdate=30 de maio de 2011|newspaper=New York Times|date=21 de maio de 1910}}</ref>
 
Unha expedición chilena dirixida por Ramón Serrano Montaner en 1879 reportou grandes cantidades de ouro nos arroios e canles dos ríos de Terra do fogo. Isto levou á inmigración masiva á illa principal entre 1883 e 1909. Numerosos arxentinos, chilenos e croatas establecéronse na illa principal, o que provocou un aumento dos conflitos co pobo Selk'nam nativo.