Gran Premio do Reino Unido de 1976: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
m Arranxos varios, replaced: {{cite news → {{Cita novas (4), |thumb| → |miniatura|, | thumb | → |miniatura|
Liña 51:
Ao principio, Hunt fixo unha mala saída e permitiu distanciarse a Lauda. Pola contra, [[Clay Regazzoni]] que partía do cuarto lugar fixo unha boa saída desde a segunda fila, e tratou de tomar o liderado de Lauda na primeira curva. Regazzoni bateu co Ferrari do seu compañeiro Lauda que resultou cunha roda traseira rota, e trompeou co seu propio coche. A continuación, o coche de Regazzoni foi golpeado polos coches de atrás, o que resultou en danos a varios vehículos máis, incluíndo os de Hunt e [[Jacques Laffite]]. Debido á cantidade de aceite e refugallos que como resultado cubrían a pista, a carreira detívose.
 
Os equipos McLaren, Ferrari e Ligier dedicáronse á preparar os [[Termos de Fórmula 1#muletto|mulettos]] de Hunt, Regazzoni e Laffite, respectivamente, na crenza de que non había tempo suficiente para reparar os seus coches orixinais. Pero, os comisarios da carreira anunciaron que non permitirían participar a ningún piloto no reinicio da carreira a menos que estivesen no seu coche orixinal, e que acabaran a primeira volta da carreira inicial. Isto significou que os coches de reposto non se podían utilizar, e os pilotos que non regresaran a boxes ao final da primeira volta non se lles permitiría reiniciar.<ref name="Blunsden 8">{{citeCita newsnovas |first=John |last=Blunsden |title=Hunt survives pile-up and protest to win third race in two weeks |page=8 |date=1976-07-19 |work=The Times}}</ref>
 
Durante o debate os mecánicos de McLaren lograron reparar o danado McLaren que Hunt utilizara no inicio. Malia non lograr completar a primeira volta, Hunt non necesitaba o coche de substitución, e o temor a posibles problemas co público levou a os comisarios a ceder e permitir a Hunt tomar parte no reinicio. Regazzoni e Laffite tamén saíron na reanudación, aínda que nos mulettos, arriscándose a unha posible exclusión logo da carreira.<ref name="Blunsden 8"/>
Liña 57:
No segundo inicio da carreira, Lauda volveu a liderar a carreira, con Hunt segundo, Regazzoni terceiro e Scheckter cuarto. Laffite retirouse na volta 32 e Regazzoni na volta 37 por problemas de suspensión e baixa presión de aceite, respectivamente, librando aos comisarios de ter que pronunciarse sobre se os dous ían ser descualificados polo uso dos vehículos de substitución.
 
[[Ficheiro:Hunt Wins 09.jpg| thumb miniatura| [[James Hunt]] cruzou a liña de meta en primeira posición, pero foi descualificado logo da carreira]]
Lauda liderou a carreira durante as primeiras 45 voltas, ata que problemas coa caixa de cambio permitiron a Hunt adiantarlle. Hunt continuou aumentando a vantaxe con Lauda durante o resto da carreira, e cruzou a liña de meta en primeira posición.
 
Liña 63:
Inmediatamente logo da carreira, os equipos Ferrari, [[Tyrrell Racing|Tyrrell]] e [[Fittipaldi Automotive|Copersucar]] protestaron o resultado aos comisarios. Os tres equipos crían que como Hunt non completara a volta enteira despois do accidente, segundo o regulamento non debería permitírselle tomar parte no reinicio. Tras unha reunión de tres horas, os comisarios desestimaron as protestas e anunciaron que o resultado era válido.
 
Ferrari anunciou que presentaría un recurso ante o RAC, o órgano reitor do deporte do motor en Gran Bretaña e que era o responsable das sancións e a organización do Gran Premio de Gran Bretaña . Celebrouse unha reunión en Londres o 4 de agosto, onde de novo o equipo Ferrari presentou a súa visión de que Hunt non completara a primeira volta, polo que non se debería permitir a súa participación na reanudación. Ao explicar a súa razón para desestimar a apelación, o RAC indicou que aínda que Hunt non puido terminar a primeira volta, o coche seguíase movendo no momento no que a carreira detívose, e isto fora suficiente para permitirlle reiniciar.<ref>{{citeCita newsnovas |first=John |last=Blunsden |title=Ferrari appeal over British GP is rejected |page=9 |date=1976-08-05 |work=The Times}}</ref>
 
Ferrari entón protestou o resultado ante a FIA, que deu lugar á convocatoria dun tribunal de apelación. O tribunal tivo lugar en París o 25 de setembro, onde Ferrari presentou a súa crenza de que o coche de Hunt fora empuxado polos seus mecánicos antes de que se detivera a carreira, rompendo a regulación que prohibe axuda externa durante a carreira. McLaren sostiña que só empuxaran o coche logo de que a carreira fora detida.<ref>{{citeCita newsnovas |agency=Reuters |title=Tribunal's decision crucial for Hunt |page=11 |date=1976-09-24 |work=The Times}}</ref>
 
A decisión adoptada polo tribunal foi atender a apelación de Ferrari, e descualificar a Hunt da carreira. Isto á súa vez deu lugar a que todos os outros pilotos desprazaranse unha posición cara arriba, e polo tanto facer de Lauda o gañador da carreira.<ref>{{citeCita newsnovas |first=John |last=Blunsden |title=Hunt drops farther behind Lauda after British GP disqualification |page=15 |date=1976-09-25 |work=The Times}}</ref>
 
== Clasificación ==
[[Ficheiro:Niki Lauda 1976 British Grand Prix.jpg|250px|thumbminiatura|right|O gañador [[Niki Lauda]] nun [[Ferrari 312T2]].]]
{| class="wikitable" style="font-size: 95%;"
! Pos