Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web, {{Cite journal → {{Cita publicación periódica (3)
m →‎Correntes: Arranxos varios, replaced: {{cite news → {{Cita novas
Liña 162:
[[Ficheiro:WOA09 sea-surf DEN AYool.png|miniatura|esquerda|Medias globais de densidade de superficie en 2009, de 1020 (lila) a 1028 (beis) [[quilogramo]]s [[metro cúbico]].]]
O vento que sopra sobre a superficie do mar provoca [[fricción]] no punto de contacto entre o aire e o mar. Isto non só causa a formación de ondas, senón que tamén fai que a auga da superficie do mar se mova na mesma dirección do vento. Aínda que os ventos son variables, en calquera lugar onde sopren predominantemente desde unha soa dirección poden formar unha corrente superficial. Os ventos do oeste son máis frecuentes nas latitudes medias mentres que os ventos orientais dominan os trópicos.<ref>{{cita libro |título=Meteorology Today: An Introduction to Weather, Climate, and the Environment |apelidos=Ahrens |nome=C. Donald |apelidos2=Jackson |nome2=Peter Lawrence |apelidos3=Jackson |nome3=Christine E. J. |apelidos4=Jackson |nome4=Christine E. O. |data=2012 |editor=Cengage Learning |isbn=0-17-650039-1 |páxina=283 |url=http://books.google.com/?id=jvnQiFG3dPkC&pg=PA283}}</ref>
Cando unha corrente de auga se move desa maneira outras augas flúen para cubrir o baleiro formandose un movemento circular na superficie coñecido como [[xiro oceánico]]. Existen cinco xiros principais nos océanos: dous no Pacífico, dous no Atlántico e un no Índico. O xiro do Atlántico Norte produce o [[mar dos Argazos]] que adoita acumular niveis de salinidade que alcanzan os 38 ‰.<ref name=reddyornot/> Outros xiros menores atópanse en mares máis pequenos e un único xiro flúe arredor da [[Antártida]]. Estes xiros seguiron as mesmas rutas durante milenios, guiados pola [[topografía]] da terra, a dirección do vento e o [[Forza de Coriolis|efecto Coriolis]]. As correntes de superficie flúen en sentido horario no [[hemisferio norte]] e en sentido anti-horario no [[hemisferio sur]]. A auga que se afasta da liña do ecuador é quente, mentres que flúe cara á liña perdeu a maior parte da súa calor. Estas correntes tenden a moderar o clima da Terra, arrefriando a rexión ecuatorial e quentando rexións en [[latitude]]s máis altas.<ref name=NOAAcurrent>{{cita web |url=http://oceanexplorer.noaa.gov/edu/learning/player/lesson08.html |título=Ocean Currents |editor=National Oceanic and Atmospheric Administration |autor=Ocean Explorer |dataacceso=22 de xaneiro 2017}}</ref> O clima e as [[Prognóstico do tempo|previsións meteorolóxicas]] globais vense afectados polo mar ou o [[Océano mundial|océano global]], de tal maneira que o estudo e a [[Modelos de circulación xeral|modelización do clima]] mundial fan uso de modelos de circulación oceánica, así como outras variables importantes: factores como a [[atmosfera]], a superficie terrestres, [[Aerosol|aerosois]] e o xeo mariño.<ref>{{citeCita newsnovas | url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/sci/tech/6320515.stm | title=Models 'key to climate forecasts' | publisher=BBC | date=2 February 2007 | author=Pope, Vicky}}</ref> Os modelos oceánicos utilizan unha rama da física, a [[dinámica de fluídos]] xeofísicos, que describe o fluxo a gran escala de fluídos como a [[auga do mar]].<ref>{{Cita libro | title=Introduction to Geophysical Fluid Dynamics: Physical and Numerical Aspects | publisher=Academic Press | author=Cushman-Roisin, Benoit | author2=Beckers, Jean-Marie | date=2011 | isbn=978-0-12-088759-0}}</ref>
[[Ficheiro:Corrientes-oceanicas.png|miniatura|alt=Mapa mostrando as correntes oceanicas|Mapa coas correntes de superficie: en vermello auga quente e azul auga fría]]
As correntes de superficie afectan apenas os cen primeiros metros da auga do mar, pero tamén hai correntes a gran escala nas profundidades oceânicas, causadas polo movemento das masas de augas profundas. A principal corrente do océano profundo flúe a través de todos os océanos do mundo e é coñecida como circulación termohalina ou corrente portadora global. Ese movemento é lento e dirixido por diferenzas na densidade das augas causadas polas variacións de salinidade e temperatura.<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1126/science.1079329|pmid=12424356| title = What Is the Thermohaline Circulation?| journal = Science| volume = 298| issue = 5596| pages = 1179–81| year = 2002| last1 = Wunsch | first1 = C.}}</ref> A altas latitudes, a auga arrefríase pola baixa temperatura atmosférica e faise máis salgada a medida que o xeo mariño cristalízase. Ambos os factores fana máis densa e a auga afúndese. Desde o fondo do mar preto de Groenlandia, tal auga flúe cara ao sur entre as masas terrestres continentais a ambos os dous lados do Atlántico. Cando chega á Antártida, únenselle outras masas profundas de auga fría coasque flúe cara ao leste. Logo esta divídese en dúas correntes que se moven cara ao norte polos océanos Índico e Pacífico. Aquí quéntase aos poucos polo que se volve cada vez menos densa e elevase cara á superficie onde recircula de volta sobre si mesma. Algunhas fluen de volta cara o Atlántico. Este fluxo tarda uns mil anos en completar este patrón de circulación.<ref name=NOAAcurrent />