Diferenzas entre revisións de «Nucleoide»

sen resumo de edición
O '''nucleoide''' (que significa ''similar ao núcleo'') é a rexión máis ou menos central e de forma irregular que contén o [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] no [[citoplasma]] das [[célula]]s [[procariota]]s<ref>{{Cita publicación periódica |author=Thanbichler M, Wang S, Shapiro L |título=The bacterial nucleoid: a highly organized and dynamic structure |journal=J Cell Biochem |volume=96 |issue=3 |pages=506–21 |year=2005 |pmid=15988757 |doi=10.1002/jcb.20519}}</ref>.
 
Nas células procariotas oa maior parte do ADN é unha molécula única, xeralmente circular e bicatenaria e [[superenrolamento do ADN|superenrolada]],<ref>{{Cita publicación periódica | author = Benham C, Mielke S | título = DNA mechanics | journal = Annu Rev Biomed Eng | volume = 7 | issue = 1| pages = 21–53 | year = 2005| pmid = 16004565 | doi = 10.1146/annurev.bioeng.6.062403.132016}}</ref>, duns poucos millóns de [[par de bases|pares de bases]]. Está situada nun sector da célula que se coñece co nome de nucleoide, e que non está rodeado por unha [[envoltura nuclear|membrana nuclear]]. Dentro do nucleoide poden existir varias copias da molécula de ADN. Ademais do ADN do nucleoide, as bacterias poden ter pequenas moléculas circulares bicatenarias de ADN chamadas [[plásmido]]s, moito menores que o ADN do nucleoide.
 
Este sistema para gardar a información xenética é moi diferente do sistema existente en [[célula eucariótica|células eucariotas]], onde o ADN se garda dentro dun orgánulo con membrana propia, o [[núcleo celular]]. Non obstante, hai unha excepción dentro das bacterias, xa que a especie ''Gemmata obscuriglobus''<ref>{{Cita libro | autor= Madigan M, Martinko J, Parker J | título= Brock Biología de los Microorganismos |ano= 2004 | páxinas= 426|}}</ref> , do grupo dos ''[[Planctomycetes]]'', ten unha membrana lipídica que rodea o seu ADN, aínda que é moi distinta da [[envoltura nuclear]] eucariótica, e estas bacterias son no demais células claramente procariotas.
190.095

edicións