Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 139:
 
En 2006, Daniel Finkelstein, columnista de ''[[The Times]]'', emprendeu unha petición para que outorgasen o título de [[Orde do Imperio Británico|Sir]] a Ringo, despois de que dez anos antes lle fora concedido a McCartney.<ref>{{Cita web |url=http://archive.is/9OjjK |título=Ringo and power law |apelido=Finkelstein |nome=Daniel |editorial=TimesOnline |idioma=inglés |dataacceso=10 de setembro de 2017}}</ref> A petición foi apoiada nos xornais ''[[The Sun]]''<ref name="thesun">{{Cita web |url=http://www.thesun.co.uk/article/0,,2-2006580262,00.html |título=Arise, Sir Ringo, you are a Starr |dataacceso=9 de marzo de 2007 |data=16 de decembro de 2006 |apelido=Brown |nome=Derek |editorial=The Sun Online}}</ref> e ''Canada National Post'',<ref name="canadapost">{{Cita web |url=http://www.canada.com/nationalpost/news/artslife/story.html?id=6eeda248-0638-44c2-938e-155a031a00ed |título=Knight Ringo? |editorial=National Post |dataacceso=9 de marzo de 2007 |data=12 de decembrp de 2006 |apelido=Doherty |nome=Mike |apelido2=Nestruck |nome2= J. Kelly |idioma=inglés}}</ref> e recibiu un total de 1887 firmas. Aínda así, o propio Ringo declarou non ter interese no título, e preguntado se lle molestaba non ter ese recoñecemento, contestou en ton xocoso: «Non, non quero ser un cabaleiro, prefiro ser un duque ou un príncipe».
 
En 2008, asinou un contrato con [[Capitol Records]] e lanzou ''[[Liverpool 8]]'', un novo álbum publicado con motivo da candidatura de [[Liverpool]] como [[Capital Europea da Cultura]]. Aínda que volveu traballar con Hudson como produtor, foi substituído por [[David A. Stewart|David Stewart]] tras varias disputas con Ringo. Segundo o xornalista Peter Palmiere, a ruptura tivo lugar por mor da insistencia de Ringo de usar novos sons propostos por Stewart e rexeitados por Hudson.<ref>{{cita web|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/entertainment/6766645.stm |título= Starr to put solo material online |editor=BBC NEWS &#124; Entertainment &#124;|idioma=inglés |autor=News.bbc.co.uk |dataacceso=17 de setembro de 2017}}</ref> No sentido oposto, o propio Ringo comentou sobre a súa ruptura con Hudson: «Foi unha cuestión de amizade e sinceridade e non ten nada que ver cos sintetizadores». O álbum obtivo recensións máis críticas en comparación con ''Ringo Rama'' e ''Choose Love'', e obtivo un éxito comercial moderado ao alcanzar o posto 91 na lista ''[[UK Albums Chart]]'' e o 94 na lista ''Billboard 200''. Entre xuño e agosto, promocionou o disco coa décima formación de The All-Starr Band, formada por Squier, Hay, Winter, Wright, Stuart e [[Gregg Bissonette]].
 
== Notas ==