Glándula gástrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4478188 de 181.115.140.50 (conversa)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
| DorlandsID = 12391406
}}
As '''glándulas gástricas''' tamén chamadas '''glándulas fúndicas''' ou '''glándulas oxínticas'''<ref name=Fawcett/> (''glandulae gastricae'' na terminoloxía anatómica en latín) son glándulas finas de forma tubular que se encontran na [[mucosa gástrica]] en posición perpendicular, e que desembocan noutros entrantes da mucosa chamados [[foveola gástrica|foveolas gástricas]], as cales á súa vez se abren á superficie [[lume (bioloxía)|luminal]] do [[estómago]]. En cada foveola desembocan normalmente tres ou catro glándulas gástricas; ás veces ata sete. Son numerosas: uns 15 millóns en toda a mucosa, que desembocan en 3,5 millóns de foveolas. A función das glándulas gástricas é segregar os zumes gástricos ([[ácido clorhídrico|ácido]], encimas[[encima]]s), [[moco]] e certas hormonas[[hormona]]s. As glándulas gástricas encóntranse na mucosa do corpo e do fondo do estómago (na zona do [[cardia]] e do [[píloro]] hai outras glándulas diferentes, chamadas glándulas cardíacas e pilóricas). As glándulas gástricas están moi xuntas unhas das outras, separadas entre si por unha fina [[lámina propia]] ou algunhas [[fibra muscular lisa|fibras musculares lisas]]. Esténdense por todo o espesor da mucosa, polo que teñen entre 0,3 e 1,5&nbsp;mm de profundidade, e un diámetro de 30 a 50 microns cunha luz moi estreita. O seu extremo distal é cego e adoita estar ensanchado, retorto ou dividido en ramas. A glándula gástrica divídese en tres zonas chamadas istmo, colo e fondo.<ref name=Fawcett/><ref>G. J. Romanes. Cunninham - Tratado de Anatomía. Interamericana-McGrow Hill. Páxinas 447-448. ISBN 84-7605-359-2.</ref>
 
== Histoloxía ==