Galería Uffizi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 19:
}}
 
A '''Galería Uffizi''' (En [[lingua italiana|italiano]] ''Galleria degli Uffizi'') que se traduce como ''Galería dos Oficios'', é un [[wiktionary::palacio|palacio]] en [[Florencia]], que contén unha das máis antigas e famosas coleccións de arte do mundo.
 
== O museo e a súa historia ==
A construción do palacio Uffizi comezou en [[1560]] por [[Giorgio Vasari]] debido ao encargo de [[Cosme I de Médicis]] para que servisen de oficinas ás maxistraturas florentinas, unha vez que quedou pequeno o [[Palazzo Vecchio]]. (De aí o seu nome de Palacio ou Galería dos Oficios). As obras remataron en [[1581]]. Durante anos, partes do palacio serviron para almacenar as pezas de arte da magnífica colección da [[Médicis|familia Médicis]].
 
Chegado o declive dos Médicis, as obras de arte permaneceron en Florencia, sendo o embrión duns dos primeiros museos modernos do mundo. A galería era aberta aos visitantes que o solicitaban durante o [[século XVI]] e en [[1765]] abriu oficialmente ao público como museo.
 
Por mor da magnitude da colección, algunhas obras foron traspasadas a outros museos florentinos, como as [[escultura]]s ao [[Museo Bargello]]. As limitacións do edificio en canto a superficie de exposición aínda seguen, aínda que se proxectou a súa ampliación, que pasou de 6.000 m² a case 17.000 m² en [[2006]] e 30.000 m² cando remate a proposta de ampliación. Esta remodelación permitirá ao público gozar dos enormes fondos do museo, case descoñecidos.
 
En [[1993]], un [[coche-bomba]] extoupou en Via dei Georgofili, matando a cinco persoas e producindo graves danos ao palacio. A parte máis afectada foi a Sala de [[Níobe]] de [[Escultura grega|esculturas clásicas]] e cuxa decoración [[Neoclasicismo|neoclásica]] tivo que ser restaurada. A causa do atentado non foi esclarecida, aínda que se sospeitaba que a [[Mafia]] podería ser a responsable.
 
A Galería Uffizi é unha das atraccións turísticas máis visitadas de Florencia. En tempada alta (en especial en xullo), as esperas poden chegar a ser de ata cinco horas.
 
== Salas da Galería Uffizi ==
A colección de arte dos Uffizi é moi ampla, existindo obras non expostas por falta de espazo. A exposición distribúese ao longo de dous andares do palacio, ordenada cronoloxicamente, comezando o seu percorrido polo segundo andar.
 
As salas da Galería Uffizi son as seguintes:
 
=== Salas do segundo andar ===
Liña 95:
 
=== Colección Contini Bonacossi ===
Na ala dereita do edificio, con entrada por vía Lambertesca, atópase exposta a extraordinaria colección Contini Bonacossi, reunida a comezos do [[século XX]] e doada á Galería Uffizi nos anos 90, representando así unha ampliación considerable dos fondos do museo. Da colección forma mobiliario, cerámica antiga, terracotas de [[Luca Della Robbia]] e sobre todo unha moi notable serie de obras de escultura e pintura, en especial toscana, entre as que destacan:
 
* ''Maestà con San Francisco e Santo Domingo'' de [[Cimabue]],
Liña 106:
 
=== Sala das postas reais ===
Esta sala da planta baixa á dereita é empregada pola asociación ''Amici degli Uffizi'', que organiza periodicamente exposicións temporais de balde sobre diversos temas, con obras obxecto de depósito. As derradeiras exposicións realizadas nesta sala estiveron adicadas ao [[erotismo]] e aos [[autorretrato]]s.
 
== Véxase tamén ==
Liña 118:
* [http://www.historiaweb.net/galleria_degli_uffizi Galería de los Uffizi] - Páxina en italiano en inglés
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Arte de Italia|Uffizi]]
[[Categoría:Museos de Italia]]