Cadmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
'''Cadmo''' (ou '''Cadmos''') é unha figura da [[mitoloxía grega]], fundador da cidade grega de [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Era fillo de [[Axenor]], rei de [[Tiro, Fenicia|Tiro]] ([[Fenicia]]) e de [[Telefasa]], e irmán de [[Europa (mitoloxía)|Europa]].
 
Cando [[Zeus]], transformado nun touro, raptou á bela Europa, o pai, Axenor, enviouno xunto con seus irmáns [[Fénix, fillo de Axenor|Fénix]] e [[Cilix]], na súa busca, avisándoos de que non volvesen até que a atopasen. Cadmo despois de percorrer boa parte da Terra sen achar á irmá, decidiu non tornar ao seu país. Achegouse a [[Delfos]] e consultou o célebre [[Oráculo de Delfos|oráculo]], sobre o lugar onde debería vivir. O oráculo aconsellou que cando atopase unha vaca que non coñecese xugo a seguise, e onde parase a pastar, que fundase unha cidade e chamase ao país [[Beocia]].
 
Ao pouco tempo de abandonar Delfos, encontrou Cadmo a vaca, e cando se parou esta, decidiu facer un sacrificio na honra de [[Atenea]]. Pediu aos seus compañeiros que fosen buscar auga dunha fonte próxima, sita nunha cova. Cando os compañeiros cumpriron o mandado, atoparon cun [[dragón]] que custodiaba a gruta. O dragón acabou con todos.