Filosofía da ciencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
análise
Liña 176:
====Estruturalistas====
 
A parte da coincidencia de nome, o '''programa estruturalista de reconstrución das teorías''' non ten nada que ver co [[estruturalismo]] iniciado polopola análisisanálise ligüísticolingüística proposto por [[Ferdinand de Saussure|Saussure]]. En filosofía da ciencia o '''estructuralismo''' naceu a partir da publicación en [[1971]] do libro ''A estrutura lóxica da física matemática'' ([[Joseph D. Sneed]], [[1938]]) como unha síntese do aparello formal do [[racionalismo crítico]] e do [[empirismo lóxico]] coa corrente historicista da ciencia. O estruturalismo foi reelaborado e divulgado por [[Wolfgang Stegmüller]] ([[1923]] - [[1991]]) e [[C. Ulises Moulines]] ([[1946]]).
 
A característica más destacada destas reconstrucións é o seu concepto de [[teoría]] científica como unha estrutura, de aí o nome desta proposta metodolóxica. Xunto coas restricións empíricas, unha teoría consta dunha '''estrutura conceptual''' e dun ámbito de aplicación. Posto que as teorías non se presentan illadas senón interrelacionadas tamén é necesario estudar as relacións entre teorías, as '''redes cheóricas'''. Entre estas relacións atopamos a de '''reducción''', talvez a más destacada polo seu papel na unidade da ciencia. Malia as múltiples teorías que poidan coexistir para explicar os mesmos feitos, a unidade [[ontoloxía|ontolóxica]] da ciencia pode salvarse se todas elas son redutibles a unha soa teoría (ou a unhas poucas non [[inconmensurabilidade|inconmensurables]] entre sí). Esta relación interteorética desempeña un papel fundamental, por exemplo, no traballo dos físicos na súa busca [[Teoría do todo]].