Loureiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (6)
Liña 23:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Laurier.jpg|thumbminiatura|left|Loureiro en flor.]]
[[Ficheiro:Laurel berries.jpg|thumbminiatura|left|Froitos ''in situ''.]]
O loureiro común é unha árbore [[dioico|dioica]] de [[perennifolio|folla persistente]] de 5–10 m de altura, de [[Talo|toro]] recto coa [[casca]] cinsenta e a copa mesta, escura. Ramallos ergueitos. [[Folla]]s azuladas, alternas, lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, de consistencia algo coriácea, recendente, co borod en ocasións algo ondulado. As follas dos exemplares en Galiza acostuman ser menos coriáceas, máis claras e anchas, especialmente cando medran en locais húmidos e sombrizos. Ápice agudo e base atenuada. Miden uns 3–9&nbsp;cm de lonxitude e posúen curto [[pecíolo]]. A [[face (botánica)|face]] é de cor verde escura lustrosa, mentres que o [[envés]] é máis pálido. [[Flor]]es dispostas en [[umbela]]s sésiles de 4-6 flores. As flores, de 4 [[pétalo]]s aparecen en marzo-abril, e son amarelentas. Flores masculinas con 8-12 [[estame]]s de arredor de 3&nbsp;mm, case todos provistos de 2 [[nectario]]s opostos, subbaxilares; [[xineceo (botánica)|xineceo]] rudimentario. Flores femininas con 2-4 estaminodios apendiculados; [[ovario]] subsésil; [[estilo (botánica)|estilo]] curto e groso con [[estigma (botánica)|estigma]] trígono. O [[froito]] é unha [[baga]], ovoide, de 10–15&nbsp;mm, negra na madureza, suavemente acuminada con [[pericarpo]] delgado. Semente única de 9 por 6,5&nbsp;mm, lisa. Madura a principios do outono.<ref>[http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/01_032_01_Laurus.pdf L. Villar: ''Laurus nobilis'' en Castroviejo, S. (coord. gen.), 1986-2012, ''Flora Ibérica'', RJB/CSIC, Madrid]</ref>
 
== Cultivo ==
[[Ficheiro:Illustration Laurus nobilis0.jpg|thumbminiatura|Loureiro en [[Otto Wilhelm Thomé]], ''Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz''. 1885.]]
 
Pódese multiplicar por [[semente]]s e por [[esgallo]], tanto de raíz como de talo (espeques). A multiplicación por sementes é moi amodo. Cómpre apañar a semente en zonas onde existan pés dos dous sexos, debéndose coller só os froitos que están na planta e non nos que fican no chan, pois adoitan estar fermentados. A semente limpa xermola mellor ca que conserva o pericarpo seco. Os tratamentos de mergullo en auga da semente aumente e aceleran a xerminación. O loureiro é unha planta pouco esixente en solos, aínda que va mellor naqueles soltos y frescos. Atura moi ben a [[poda]], de feito é moi común cultivar arboriñas podadas formando bólas en vasos para [[xardinaxe]]. É, porén, sensíbel a [[parasito]]s que acostuman poboala, algúns dos máis comúns son:
Liña 40:
 
=== Uso medicinal ===
[[Ficheiro:Jakob Auer 001.jpg|thumbminiatura|150px|Dafne transformándose en loureiro por [[Jakob Auer]].]]
Como [[planta medicinal]], o loureiro é un tónico estomacal (estimulante do apetito, [[dixestivo]], [[colagogo]] e [[carminativo]]). O [[aceite esencial]] obtido dos froitos ("manteiga de loureiro") usábase tradicionalmente para o tratamento de inflamacións osteoarticulares e [[pediculose]]. A inxesta de follas de loureiro en grandes cantidades chega ser tóxica.<ref name="GEPM ">{{Cita libro|título=Rhus aromatica|autor=Dr. Berdonces I Serra|obra=Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales|editorial=Tikal ediciones| ISBN=84-305-8496-X|páxinas=589-590}}</ref>
 
=== Outros usos ===
A madeira de loureiro é moi dura e se ten empregado para traballos de marquetaría.<ref name=Baza>[http://www.sierradebaza.org/principal 05-05/notic1 05-05.htm Revista Digital de la Sierra de Baza - Etnobotánica de la Sierra de Baza - El Laurel]</ref>
[[Ficheiro:Stater Zeus Lampsacus CdM.jpg|thumbminiatura|150px|Zeus con coroa de loureiros.]]
O loureiro, incluídas as súas pólas empréganse en ornamentación.
 
Liña 51:
 
== Historia e mitoloxía ==
[[Ficheiro:Julius Caesar Coustou Louvre MR1798.jpg|thumbminiatura|150px|''Xulio César'' coroado con loureiros no museo parisién do [[Louvre]].]]
É o obxecto simbólico preferido na astroloxía para o signo do [[Aries (astroloxía)|Carneiro]].