Galicia na Segunda República: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 68:
O segundo dos problemas, o da autonomía, conta con escasas peticións ao principio do réxime. Pese a isto, debemos lembrar que esta xa estaba presente antes do comezo da II República, posto que na [[Asemblea Nacionalista de Monforte]] de [[1922]] xa se demandaba a instauración dun réxime federal a nivel ibérico, onde [[Galiza]] tería case plena autonomía.
 
No ano [[1931]], [[Ricardo Carvalho Calero]] e [[Luís Tobío]], membros da área de Ciencias Sociais e Xurídicas do [[Seminario de Estudos Galegos]], presentan o ''Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza''. Este traballo, realmente avanzado en todos os planos, sentou as bases do ''Estatuto de Autonomía de Galiza'' de [[1936]], en cuxa elaboración participaron, alén dos dous autores citados, personaxes da talla de [[Antón Vilar Ponte]], [[Aleixandre Bóveda]] ou [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]]. O autonomismo fora gañando efectivos durante a época republicana, polo que non é de extrañar que fose aprobado en ''referendum'' o [[16 de Xullo de [[1936]]. O 17 dese mesmo mes foi entregado ao presidente para ser levado a Cortes, mais o golpe de Estado do xeneral [[Francisco Franco]], levado a termo o día 18, truncou calquer posibilidade de aplicación do Estatuto recentemente aprobado.
 
===Comportamento electoral dos galegos durante a república===