Diferenzas entre revisións de «Control de procesos»

m
Arranxos varios
m (Ligazóns)
m (Arranxos varios)
O '''control de procesos''' é unha disciplina baseada na [[enxeñaría]] e as [[matemáticas]] que procura manter o estado dun proceso nun rango específico. O estado de referencia é o valor ou o rango de valores desexado dunha ou varias [[variable]]s que forman parte do proceso. Cando o proceso se desvía do estado de referencia, os controladores manipulan as entradas do proceso para corrixir a desviación.
 
=== Un exemplo ===
Quentar unha sala cun radiador é un proceso que ten o obxectivo de achegarse e manter unha [[temperatura]] definida. A temperatura sería a '''variable controlada'''. A temperatura desexada, por exemplo 20º °C, sería a referencia ou máis comunmente o ''setpoint''. O estado do radiador, por exemplo o grao de apertura da válvula que permite á auga quente fluír a través do radiador, é a '''variable manipulada''' xa que é a que recibe as accións de control.
 
A maneira máis sinxela de levar a cabo o control da temperatura sería simplemente axustar a válvula a un grao de apertura, e polo tanto deixar pasar un caudal de auga quente fixo. Este tipo de control pode abondar se a temperatura do exterior non varía moito. Non obstante, se un día vai moito máis frío ou moito máis calor no exterior a temperatura da sala pode resultar demasiado baixa ou elevada. Este tipo de controlador chámase de '''lazo aberto''' (ou ''open-loop'') xa que a medida da variable a controlar (a temperatura da sala) non inflúe na variable controlada (a válvula que determina o caudal de auga). Malia súa simplicidade, úsase raramente xa que non permite compensar os cambios que poden actuar na sala, como unha variación da temperatura do exterior.
 
Nun sistema de '''lazo pechado''' (ou ''closed-loop''), un sensor mide o estado do sistema (a temperatura da sala) e fornece a información ao controlador, que axusta o control (a posición da válvula) para manter a sala no estado desexado (achegar a temperatura da sala á temperatura de referencia). Agora cando a temperatura exterior baixa, a diminución consecuente da temperatura da sala é medida e a posición da válvula ábrese para deixar pasar máis auga quente. A retroalimentación ou '''feedback''' permite ao controlador compensar os cambios na temperatura da sala. Este ''feedback'' representa un paradigma central no control de procesos: o control afecta o estado do sistema que, ao mesmo tempo, é medido para alterar o control.
* sensibilidade reducida ás variacións de parámetros
* máis eficacia para se achegar ao estado de referencia
 
 
[[Categoría:Enxeñaría]]
393.002

edicións