Antera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Anther-schematic.png|miniatura|Antera seccionada. 1: [[Filamento (botánica)|Filamento]]; 2: [[Teca]]; 3: [[Conectivo]] (vasos en vermello); 4: [[Saco polínico]] (esporanxio).]]
[[Ficheiro:Strawberry_flower.jpg|miniatura|Flor de ''Fragaria × ananassa'' (amorodo grande), onde se distinguen claramente as anteras ao final de cada estame]]
 
En [[botánica]], chámase '''antera''' á parte na que remata un [[estame]]. A palabra procede do [[lingua grega|grego]] ''anteros'', que significa florecido, aludindo a que a presenza visible das anteras sinala o punto álxido da [[antese]] (floración).
 
Nas [[anxiospermas]] cada estame adoita fundamentarse nun pé chamado ''[[filamento (botánica)|filamento]]'' e unha antera, suxeita lateralmente ao extremo do filamento. Dise das anteras que son ''extrorsas'' se o filamento se une á antera pola súa cara externa (a máis afastada do eixo floral), e ''introrsas'' no caso contrario, menos frecuente.
 
A antera típica das anxiospermas adoita constar de dúas partes distinguibles, contiguas, chamadas ''tecas'', unidas por unha zona chamada [[conectivo]], que é tamén por onde a antera se une ao filamento. Se se corta a antera perpendicularmente ao seu eixo, obsérvase que cada antera contén un ou dous ''sacos polínicos'' que se espallan en toda a súa lonxitude.
 
A antera é unha estrutura que rompe espontaneamente para deixar visible o seu contido, o pole. Cada saco polínico abrirase en xeral por unha dehiscencia (corte) lonxitudinal.
 
O estame é unha folla transformada para a produción de esporas masculinas (micrósporas) que son os grans de pole. Os sacos polínicos son os microsporangios.
 
==Ligazóns externas==
{{wiktionary|antera}}
 
[[Categoría:Termos botánicos]]