Diferenzas entre revisións de «Vogal»

m
→‎top: Arranxos varios
m (→‎top: Arranxos varios)
[[Ficheiro:Espectrograma vogais i-u.jpg|dereita|miniatura|[[Espectrograma]] das [[vogais da lingua galega]].]]
 
En [[fonética]], unha '''vogal''' (do [[latín]] ''vocalis'') é un [[son]] da [[lingua]] falada que se produce ó expulsar [[aire]], habitualmente mais non necesariamente facendo vibrar asemade as [[corda vocal|cordas vocais]], e ó modificar o [[Timbre (música)|timbre]], sen [[oclusión]] nin [[fricación]], mediante a distinta posición que adopten os [[articulador|órganos]] da [[boca]] e do nariz no caso das vogais [[nasal|nasais]] e nasalizadas.
 
As [[consoante]]s, pola súa banda, diferéncianse das vogais por unha constrición ou pechazón nun ou varios puntos do [[tracto bucal]] e/ou [[cavidade nasal|nasal]].
 
Tamén se pode definir a vogal como núcleo [[sílaba|silábico]]. Esta definición permite non só opolas ás consoantes, que son marxes silábicas, senón tamén ás [[semiconsoantes]] ou [[semivogais]] (vogais pechadas que actúan coma marxe nun [[ditongo]]).
 
Así a todo, nalgunhas linguas é posible que as consoantes [[sonoro|sonoras]], [[lateral|laterais]] ou [[vibrante]]s, formen núcleo silábico como o ''l'' de ''table'' en [[Lingua inglesa|inglés]] (o ''-e'' final non se pronuncia) ou o son ''r''' (''vrba'') en [[checo]].
 
* Canto á ''abertura'', as vogais galegas poden clasificarse en catro graos principais (con pertinencia fonolóxica nalgunha posición): aberta, semiaberta, semipechada, pechada. Pero na realidade fonética encontramos unha maior variación de abertura que permite distinguir graos intermedios. En calquera caso, sempre estaremos simplificando (facendo abstracción) a realidade fónica, xa que desde o punto de vista da articulación (e do resultado acústico) esta característica é gradual, e polo tanto trátase dun continuum que vai desde a vogal máis pechada á máis aberta.
 
* Tendo en conta a posición da lingua danse tres '''localizacións''' básicas: anterior, central e posterior
 
* As vogais poden ser redondeadas, aínda que tamén se trata dun trazo gradual (maior ou menor grao de '''labialización'''). En [[Lingua galega|galego]] o redondeamento é unha característica inherente das vogais posteriores polo que non é fonoloxicamente pertinente, aínda que tamén poden acharse vogais anteriores labializadas (en certos contextos).
* O trazo de nasalización, xera [[vogal nasal|vogais nasais]], non é tampouco pertinente á hora de definir os fonemas vocálicos galegos. Nelas o ar é liberado tamén polo nariz.
 
* O trazo de nasalización, xera [[vogal nasal|vogais nasais]], non é tampouco pertinente á hora de definir os fonemas vocálicos galegos. Nelas o ar é liberado tamén polo nariz.
 
== Véxase tamén ==
393.002

edicións