Asco (micoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1:
[[Ficheiro:Morelasci.jpg|thumbminiatura|300px|right|Ascas do [[cogomelo de coresma]] (''[[Morchella|Morchella elata]]'')]]
Un '''asco'''<ref>Nome galego en ''Vocabulario ortográfico da lingua galega'', A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref> (do [[latín]] '''''ascus''''', ''asci'' en plural) é a célula sexual produtora de [[espora]]s dos fungos [[ascomiceto]]s. Normalmente, os ascos conteñen oito ascosporas, producidas por unha división celular [[meiose|meiótica]] seguida, na maioría das especies, por unha [[mitose]]. Porén, nalgúns [[xénero (bioloxía)|xéneros]] ou [[especie (bioloxía)|especies]] poden conter unha (por exemplo, en ''[[Monosporascus cannonballus]]''), dúas, catro, ou outro número múltiplo de catro. Nalgúns casos, as ascosporas poden producir [[conidio]]s, que poden encher por centos os ascos (como no xénero ''[[Tympanis]]''), ou poden fragmentarse (como nalgúns ''[[Cordyceps]]''), enchendo tamén os ascos de células máis pequenas. As ascosporas son inmóbiles e, polo xeral, unicelulares, aínda que non poucas veces poden presentarse [[septo|septadas]] nun ou varios planos.