Ciencias da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
→‎Historia: texto traducido desde a wiki .es:Ciencias_de_la_Tierra#Historia
Liña 11:
 
Doutra banda, as ciencias da Terra permítennos entender os procesos naturais que favoreceron e/ou ameazan a vida do home, e o seu estudo está ligado tanto ao estudo dos fluxos de enerxía na natureza e ao aproveitamento dos mesmos, como á prevención de [[riscos]] [[medio ambiente|medioambientais]], [[sismoloxía|sísmicos]], [[Meteoroloxía|meteorolóxicos]] e [[volcán]]icos, entre outros.
== Historia ==
As ciencias da Terra atópanse en constante evolución. A xeografía de [[Plinio o Vello]] só describía os elementos da superficie da Terra sen ligalos a través de procesos, e dábase pouca importancia á dinámica de cambios e a interacción cos elementos que compoñen o medio ambiente. Durante os primeiros séculos de exploración europea<ref>Alvarez, W. e Leitao, H. (2010). «[http://geology.gsapubs.org/content/38/3/231.abstract The neglected early history of geology: The Copernican Revolution as a major advance in understanding the Earth]». ''Geology'', '''38'''(3): 231-234</ref> iniciouse unha etapa de coñecemento moito máis detallado dos continentes e océanos. Se cartografiaron en detalle, por exemplo, as aliñacións magnéticas no océano Atlántico, que serían de gran utilidade para a navegación intercontinental. En 1596, por exemplo, [[Abraham Ortelius]] albisca xa a hipótese da [[deriva continental]], precursora da teoría da [[tectónica de placas]]. Antes, os exploradores españois e portugueses, acumularan un detallado coñecemento do campo magnético terrestre. O nacemento dos conceptos básicos da xeoloxía (gradualismo, superposición, etc), no século XVII e XVIII (p.e., [[James Hutton]]) ou a [[meteoroloxía]], deu paso a unha eclosión no estudo da Terra. Hoxe, as ciencias da Terra son unha extensión máis das ciencias físicas cuantitativas baseadas no empirismo, a experimentación e a reproducibilidade das observacións.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}