Afixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Liña 7:
== Clasificación dos afixos ==
* Prefixos: Van antepostos ás palabras; en [[Lingua galega|galego]], non poden alterar a súa categoría gramatical e só poden ser '''morfemas derivativos.'''
 
* Sufixos: Van pospostos ás palabras; poden en galego alterar a súa categoría gramatical e ser '''morfemas flexivos.''' Xa que logo, os sufixos do galego adóitanse clasificar segundo as categorías da palabra resultante (sufixo substantivo, adxectival, verbal, adverbial) e da base de afixación (sufixo denominal, deadxectival, deverbal). Algúns exemplos:
 
** Sufixos substantivos: ''cruel'''-dade''''' (deadxectival), ''levanta'''-amento''''' (deverbal).
** Sufixos adxectivais: ''goz'''-oso''''' (denominal), ''cant'''-ante''''' (deverbal).
** Sufixos verbais: ''fort''-ificar''''' (denominal e deadxectival).
** Sufixos adverbiais: ''soa'''-mente'''''.
 
* Interfixos e infixos: O termo interfixo adóitase reservar para designar aqueles afixos carentes de [[significado]] que aparecen entre a base e o afixo nalgunhas palabras: ''rei-'''c'''-iño''.
 
* Circunfixos - Os circunfixos ou ''morfos descontinuos'' son [[morfema]]s que se engaden á vez ao principio e ao final dunha [[palabra]], mediante unha operación chamada ''[[parasíntese]]''. Este é o caso da palabra ''aparcar:'' posto que en [[Lingua galega|galego]] non existen o [[verbo]] ''parcar'' nin o [[substantivo]] ''aparque'', habemos de supoñer que esta palabra se creou engadindo o circunfixo ''a-...-ar'' á palabra ''parque.''