Bandeira de Romanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 55 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q130811
m Arranxos varios
Liña 10:
A '''bandeira de [[Romanía]]''' (en [[lingua romanesa|romanés]]: ''Drapelul României'') é unha [[bandeira]] tricolor composta por tres franxas verticais de igual anchura, sendo azul a máis próxima ao pau, amarela a central e vermella a máis afastada do pau. Aínda que o uso destas cores é anterior, comezaron a empregarse como emblema do movemento nacional romanés dende [[1834]].
 
A bandeira de Romanía é moi semellante á de [[bandeira de Moldavia]], con quen comparte vencellos históricos e culturais. Tamén é idéntica á [[bandeira de Chad]] aínda que non teñen ningunha relación e á [[bandeira de Andorra]].
 
== Deseño ==
Liña 42:
| #CE1126
|}</center>
 
 
== Historia ==
A disposición actual remóntase a [[1864]], ata á primeira declaración de independencia de [[Valaquia]] en [[1821]] feita entre outros por [[Tudor Vladimirescu]], aínda que dende entón introducíronse algunhas modificacións. As cores vermello, amarelo e azul foron utilizados antigamente polos romaneses como o seu símbolo, ou ben foron utilizados por estranxeiros para designalos.
 
O testemuño escrito máis antigo rexistrado do [[14 de abril]] de [[535]], cando o emperador [[Xustiniano I]] estableceu o símbolo dos territorios controlados polo arcebispado de ''Justiniana Prima'', que comprendía partes de Pannonia Secunda, Dacia Cisdanubiana e Dacia Transdanubiana:
 
{{Cita|Dende a parte dereita, na primeira división, un escudo vermello, en cuxo centro se verán unhas torres, símbolo da Dacia de máis alá; na segunda división, un escudo celestial cos acenos da tribo dos "buri", cuxos dous lados son brancos; e na media cor dourada.}}
Liña 53 ⟶ 52:
Estas cores son tamén os usados nos diplomas emitidos polo voivoda romanés [[Mihai Viteazul]], e tamén nos seus escudos e os ornamentos dos seus escudos. Tamén hai que mencionar a presenza destas tres cores en borlas e na bandeira usada por [[Tudor Vladimirescu]] no seu levantamento contra os [[fanariotas]]. Foi entón cando o azul foi por primeira vez asociado coa liberdade (o azul do ceo), o amarelo coa xustiza (o amarelo dos campos) e o vermello coa fraternidade (o vermello do sangue).
 
En [[1947]] eliminouse o escudo coas armas reais para substituílo polo da [[República Socialista de Romanía]], o cal estaría no centro da franxa amarela. Durante a revolución de [[1989]] puidéronse ver moitas bandeiras co escudo recortado, e o novo goberno decidiu non engadir ningún escudo á bandeira quedando igual que a ensina civil durante o Reino de Romanía ([[1881]]-[[1947]]). O [[26 de xuño]] de cada ano celébrase o día da bandeira (en [[lingua romanesa|romanés]]: ''Ziua Tricolorului'' ), que é festa nacional.
 
=== Bandeiras históricas ===