Pouta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-cretácico +cretáceo)
m Arranxos varios
Liña 4:
Cos nomes de '''poutas''', '''farpas''', '''gadoupas''' ou '''garras''' coñécense os [[pé (anatomía)|pés]] dalgúns [[animais]] que teñen as [[unlla]]s longas, fortes, curvas e aguzadas, así como cada unha destas unllas.<ref>[http://www.realacademiagalega.org/dicionario '''pouta'''] no dicionario da [[RAG]].</ref>
 
Preséntanas algúnos [[vertebrado]]s, en especial as [[aves]], os [[réptil]]es e varias [[especie (bioloxía)|especies]] dalgunhas [[orde (bioloxía)|ordes]] de [[mamífero]]s, en especial as dos ''[[Carnivora]], [[Insectivora]], [[Rodentia]], [[Lagomorpha]], [[Chiroptera]]'' e ''[[Edentata]]''.
 
A pouta está adaptada para axudar na captura, permitindo un agarre preciso e firme nos [[depredación|depredadores]], e tamén se emprega para a escavar e gabear.
Liña 13:
As potas constan internamente de dúas capas:
* a ''subunguis'', o [[Tecido (bioloxía)|tecido]] interno, cuxo gran é paralelo á dirección de crecemento a partir da matriz ungular, e
* a ''unguis'', un tecido [[queratina|queratinoso]] e duro formado por fibras cuxo gran corre perpendicular á dirección de crecemento.
 
Ao crecer a ''unguis'' máis velozmente, a pouta afúsase cara ao extremo, adoptando a forma aguda típica.
Liña 20:
[[Ficheiro:Cat claw closeup.jpg|miniatura|250px|Primeiro plano dunha garra dun [[gato]].]]
 
Os [[félidos]] —con algunhas excepcións, especialmente os guepardos (''[[Acinonyx jubatus]]''), o gato tourón (''[[Prionailurus planiceps]]'') e o gato pescador (''[[Prionailurus viverrinus]]'')— caracterízanse por posuíren poutas retráctiles.
 
En estado de repouso, as poutas permanecen aloxadas nunha vaíña ou funda de [[tecido epitelial]] entre os [[dedo]]s; a forma das [[falanxe (ósos)|falanxes]] medial e distal, e a excepcional resistencia do [[ligamento]] elástico dorsal, permiten aos félidos moverse con soltura e flexionar libremente a [[articulación do pulso]] e os dedos sen que por iso a garra abandone a súa posición de repouso. É necesaria a contracción dos músculos [[flexor do antebrazo|flexor]] e [[extensor do antebrazo]] para producir a extensión da gadoupa, utilizada sobre todo para efectuar a [[depredación|presa]] sobre as vítimas.
 
== Notas ==