Hematopoese: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
m →‎Células nais hematopoéticas: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Liña 6:
As [[célula nai hematopoética|células nais hematopoéticas]] (HSCs, polas súas siglas en inglés de ''hematopoietic stem cells'') encóntranse na [[medula ósea]] e teñen a capacidade de dar lugar a todos os tipos de células sanguíneas maduras. As HSCs son células que se autorrenovan: cando proliferan, xa que polo menos algunhas das súas células fillas permanecen como HSCs, mentres que as outras se [[diferenciación celular|diferencian]], de tal maneira que o conxunto de células nais non diminúe. Este fenómeno denomínase división asimétrica.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Morrison|first=J.|author2=Judith Kimble|title=Asymmetric and symmetric stem-cell divisions in development and cancer|doi=10.1038/nature04956|pmid=16810241|journal=Nature|volume=441|issue=7097|pages=1068–74|year=2006|bibcode=2006Natur.441.1068M}}</ref> As outras células fillas das HSCs (células proxenitoras mieloides e linfoides) entran nunha das varias vías alternativas de diferenciación que levan á produción dun ou máis tipos específicos de células sanguíneas, pero non poden autorrenovarse. O conxunto de células proxenitoras é heteroxéneo e pode dividirse en dous grandes grupos: HSC autorrenovables de longo prazo e HSC autorrenovables só transitoriamente, tamén chamadas de curto prazo.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Morrison|first=SJ|author2=Weissman, IL|title=The long-term repopulating subset of hematopoietic stem cells is deterministic and isolatable by phenotype.|journal=Immunity|date=Nov 1994|volume=1|issue=8|pages=661–73|pmid=7541305|doi=10.1016/1074-7613(94)90037-x}}</ref> Este proceso que realizan é un dos principais procesos vitais do corpo.
 
As células sanguíneas divídense en tres grandes liñaxes, que se orixinan por tres grandes tipos de procesos hematopoéticos, chamados eritropoese, linfopoese e mielopoese. Estas tres liñaxes celulares son:<ref>{{citeCita web|title=Hematopoiesis from Pluripotent Stem Cell|url=http://www.ebioscience.com/resources/pathways/hematopoiesis-from-pluripotent-sem-cells.htm|accessdate=3 February 2014}}</ref>
* Células [[eritrocito|eritroides]], que son os glóbulos vermellos que transportan o oxíxeno. Delas, tanto os [[reticulocito]]s coma os [[eritrocito]]s son funcionais e son liberadas ao [[sangue]]. De feito, o reconto de reticulocitos úsase para estimar a formación de células da liña eritroide, a cal se chama '''[[eritropoese]]'''.
* [[Linfocito]]s, que son as células esenciais para o funcionamento do [[sistema inmunitario adaptativo]]. Derivan de células proxenitoras linfoides comúns. A liñaxe linfoide está composta principalmente por [[célula T|células T]] e [[célula B|B]], que forman parte dos [[leucocito|glóbulos brancos]] do sangue. O seu proceso de formación denomínase '''[[linfopoese]]'''.