Suor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*sudoración > sudación. / axustas de formato.
m →‎Mecanismo: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Liña 61:
Hai dúas situacións nas cales os nervios estimulan as glándulas sudoríparas causando suoración, que son: durante períodos de calor física e durante o estrés emocional. En xeral, a produción de suor inducida emocionalmente está restrinxida ás palmas das mans e plantas dos pés, ás axilas e ás veces á fronte, mentres que a suoración inducida pola calor física ten lugar en todo o corpo. Algunhas substancias que actúan sobre o [[sistema nervioso central]] inflúen na sudación; por exemplo, a inxestión de cafeína aumenta a suoración.<ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1016/S0003-2670(97)00642-9 |first1=Tomoya |last1=Kameia |first2=Takao |last2=Tsudab |first3=Shinya |last3=Kitagawab |first4=Ken |last4=Naitoha |first5=Koji |last5=Nakashimaa |first6=Toshio |last6=Ohhashi |date=June 1998 |title=Physical stimuli and emotional stress-induced sweat secretions in the human palm and forehead |journal=Analytica Chimica Acta |volume=365 |issue=1–3 |pages=319–326}}</ref>
 
O ser humano ten como media entre dous e catro millóns de glándulas sudoríparas. A cantidade de suor liberado por cada glándula está determinado por moitos factores, como o sexo do individuo, a súa xenética, condicións ambientais, idade e o seu estado de forma. Dous dos principais factores que contribúen ao nivel de suoración son o estado de forma e peso da persoa. Se un individuo aumenta de peso, o seu nivel de suoración probablemente se incrementará porque o corpo debe producir máis enerxía para funcionar e hai unha maior masa corporal que arrefriar. Por outra parte, unha persoa en boas condicións empeza a suar antes e máis facilmente. A medida que unha persoa se pon en forma, o corpo empeza a regular a temperatura corporal máis eficientemente e as glándulas sudoríparas adáptanse xunto cos demais sistemas corporais.<ref>{{citeCita web|last=Hansen|first=Julieann|title=The Science of Sweat|url=http://certification.acsm.org/blog/2013/may/the-science-of-sweat|publisher=American College of Sports Medicine|accessdate=19 September 2013}}</ref>
 
A suor non é auga pura, xa que contén unha pequena cantidade (0,2–1%) de solutos disoltos. Cando unha persoa pasa de estar nunha zona de clima frío a outra de clíma cálido, ocorren unha serie de cambios adaptativos nos mecanismos da suoración. Este proceso denomínase aclimatación e durante el increméntase o nivel máximo de suoración á vez que decrece a súa composición en solutos. O volume de auga perdido pola suoración é moi variable, e vai de 100 a 8000 mL/día. A perda de solutos pode ser de ata 350&nbsp;mmol/día (ou 90&nbsp;mmol/día aclimatado) de [[sodio]] nas condicións máis extremas. Durante un exercicio intenso medio, as perdas por suor poden ser como media de ata 2 litros de auga á hora. En climas fríos e en ausencia de exercicio, as perdas de sodio son moi baixas (menos de 5&nbsp;mmol/día). A concentración de sodio na suor é de 30-65&nbsp;mmol/L, dependendo do grao de aclimatación.