Diferenzas entre revisións de «Clamidiáceas»

m
Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (3)
m (→‎Clasificación: Arranxos varios)
m (Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (3))
As '''clamidiáceas''' ('''Chlamydiaceae''') son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[bacteria]]s que pertencen ao [[filo]] [[Chlamydiae]], [[orde (bioloxía)|orde]] [[Chlamydiales]]. Todas as especies de Chlamydiaceae son [[gramnegativa]]s e expresan un [[epitopo]] [[lipopolisacárido]] específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os [[xene]]s do [[ARN ribosómico]] de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de [[secuencia de ADN|secuencia]] do 90% no seu [[ADN]]. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do [[plásmido]] extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.
 
Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero en 1999 distinguíronse dous xéneros e un terceiro xénero candidato: ''[[Chlamydia]]'', ''[[Chlamydophila]]'' e o ''Candidatus'' [[Clavochlamydia]].<ref name=NCBI>See the [[National Center for Biotechnology Information|NCBI]] [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=809 webpage on Chlamydiaceae] Datos extraidos de {{citeCita web | url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/taxonomyhome.html/index.cgi | title=NCBI Taxonomy Browser | publisher=[[National Center for Biotechnology Information]] | accessdate=2011-06-05}}</ref>
 
== Clasificación ==
Ata 1999 a familia estaba formada por un só xénero, ''Chlamydia'', con catro especies (clasificación de Stolz e Page), que eran: ''Chlamydia trachomatis'', ''Chlamydia pneumoniae'', ''Chlamydia pecorum'', e ''Chlamydia psittaci''. Nese ano Everett, Bush e Andersen presentaron unha nova proposta para a clasificación desta familia na que se facían os seguintes cambios:<ref>Bush RM & Everett KDE (2001). Molecular evolution of the Chlamydiaceae. Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 51:203-220. ([http://rmbush.bio.uci.edu/IJSEM2001.pdf PDF])</ref><ref>Everett KDE, Bush RM & Andersen AA (1999). Emended description of the order Chlamydiales, proposal of Parachlamydiaceae fam. nov. and Simkaniaceae fam. nov., each containing one monotypic genus, revised taxonomy of the family Chlamydiaceae, including a new genus and five new species, and standards for the identification of organisms. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, (2)49:415-440. ([http://rmbush.bio.uci.edu/IJSB1999.pdf PDF]). PMID 10319462.</ref> a familia foi dividida en dous xéneros: ''Chlamydia'' e ''Chlamydophila gen. nov.''; creáronse dúas especies novas: ''Chlamydia muridarum sp. nov.'' e ''Chlamydia suis sp. nov.'' (que xunto con ''Chlamydia trachomatis'' son as tres especies que quedaron no xénero ''Chlamydia''); no novo xénero ''Chlamydophila gen. nov.'' incluíronse as antigas ''Chlamydia pecorum'', ''Chlamydia pneumoniae'' e ''Chlamydia psittaci'', que, por tanto, cambiaron o seu nome xenérico a ''Chlamydophila''; creáronse tres novas especies derivadas de ''Chlamydia psittaci'', que son: ''Chlamydophila abortus gen. nov., sp. nov.'', ''Chlamydophila caviae gen. nov., sp. nov.'' e ''Chlamydophila felis gen. nov., sp. nov.''
 
A nova clasificación de Everett, Bush e Andersen suscitou grande polémica e o rexeitamento inicial de moitos científicos que traballan con clamidias<ref>Schachter J, Stephens RS, Timms P, Kuo C, Bavoil PM, Birkelund S, Boman J, Caldwell H, Campbell LA, Chernesky M, Christiansen G, Clarke IN, Gaydos C, Grayston JT, Hackstadt T, Hsia R, Kaltenboeck B, Leinonnen M, Ocjius D, McClarty G, Orfila J, Peeling R, Puolakkainen M, Quinn T, Rank RG, Raulston J, Ridgeway GL, Saikku P, Stamm WE, Taylor-Robinson D, Wang SP & Wyrick PB (2001). Radical changes to chlamydial taxonomy are not necessary just yet. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 51, 249. [http://ijs.sgmjournals.org/content/51/1/249.full.pdf+html IJSEM] PMID 11211265.</ref><ref>Everett KDE & Andersen AA (2001). Radical changes to chlamydial taxonomy are not necessary just yet - reply. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 51, 250. [http://ijs.sgmjournals.org/content/51/1/251.full.pdf+html]</ref><ref>[http://chlamydiae.com/twiki/bin/view/Classification/EverettAndersenClassification Everett-Andersen reclassification]</ref> pero «a nova clasificación de Everett ''et al.'' foi apropiadamente revisada e aprobada por autoridades taxonómicas internacionais». (Michael Ward.<ref name=web>{{citeCita web|url=http://chlamydiae.com/twiki/bin/view/Main/WebHome| title=Chlamydial taxonomy since 1999|date=|accessdate= 17 maio 2013}}</ref>). Pero a polémica continúa, porque algunhas análises xenómicas recentes parecen apoiar a clasificación das clamidiáceas nun só xénero, ''Chlamydia'',<ref name="pmid19281563">{{Cita publicación periódica | author = Stephens RS, Myers G, Eppinger M, Bavoil PM | title = Divergence without difference: phylogenetics and taxonomy of Chlamydia resolved | journal = FEMS Immunol. Med. Microbiol. | volume = 55 | issue = 2 | pages = 115–9 | year = 2009 | pmid = 19281563 | doi = 10.1111/j.1574-695X.2008.00516.x}}</ref> polo que a cuestión podería volverse a revisar.<ref name="urlwww.ncbi.nlm.nih.gov">{{citeCita web | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Info&id=1113537&lvl=3&lin=f&keep=1&srchmode=1&unlock | title = Chlamydia/Chlamydophila group | work = NCBI taxonomy database | publisher = National Center for Biotechnology Information, U.S. National Library of Medicine | accessdate = 2013-03-26 | quote= Dada a natureza contenciosa do asunto, a Base de Datos Taxonómica do NCBI mantén o nome dos dous xéneros para o uso dos que envíen traballos. }}</ref>
 
=== Xénero ''Chlamydia'' ===
393.002

edicións