Pexegueiro (árbore): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (8), |thumb| → |miniatura| (5)
Liña 21:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Illustration Prunus persica0.jpg|thumbminiatura|left|Flores, sementes, e follas do pexegueiro ilustradas por Otto Wilhelm Thomé (1885).]]
''Prunus persica'' alcanza de 4 a 10 m de alto. As [[folla]]s son lanceoladas, de 7 a 16 cm de longo e 2 a 3 cm de largo, pinnadas e con veas. As [[flor]]es agroman a comezos da primavera, solitarias ou en parellas, rosas, con cinco pétalos. O [[froito]] ten a carne branca ou amarela, un delicado aroma e a tona aveludada nos pexegos ou lisa e sen pelo nas nectarinas e dependendo do cultivar. A polpa é moi delicada e pode esmagarse con facilidade, mais é bastante firme nalgunhas variedades comerciais, especialmente cando están verdes. A semente é única, grande, pardo avermellada, de forma oval duns 1,3 a 2 cm de longo e arrodeada por unha casca amadeirada. Os pexegos, xunto coas [[cereixa]]s, [[Ameixa (froito)|ameixas]] e [[albaricoque]]s son froitas [[drupa]]s.
 
Liña 39:
 
== Cultivo ==
[[Ficheiro:Bee pollinating peach flower.jpg|thumbminiatura|Unha flor de pexegueiro a ser polinizada por unha abella.]]
Os pexegos medran ben nun rango bastante limitado de lugares, xa que teñen uns requirimentos de frío que non todas as zonas do planeta poden dar. Así, en climas tropicais e ecuatoriais como no [[Ecuador]], [[Colombia]], [[Etiopía]], [[India]] ou [[Nepal]], medran en zonas altas para ter esas horas de frío.<ref name=fao2010a/><ref>[http://www.fao.org/docrep/004/ab985e/ab985e07.htm Deciduous Fruit Production - India (see Peach section), FAO United Nations]</ref> Os pexegueiros resisten temperaturas de -26 a -30&nbsp;°C, malia que ás veces a esas temperaturas poden matar os gomos florais se perduran até a primavera, perdendo toda a produción do ano. A morte dos gomos comeza a partir dos 15º baixo cero dependendo do [[cultivar]] (algúns toleran mellor o frío) e do período de xeadas.<ref>Szalay, L., Papp, J., and Szaóbo, Z. (2000). Evaluation of frost tolerance of peach varieties in artificial freezing tests. In: Geibel, M., Fischer, M., and Fischer, C. (eds.). Eucarpia symposium on Fruit Breeding and Genetics. ''Acta Horticulturae'' 538. [http://www.actahort.org/books/538/538_71.htm Abstract.]</ref>
 
Os típicos cultivares de pexegueiro comezan a dar froito a partir do terceiro ano, dando froita de calidade durante 12 anos aproximadamente. Moitos cultivares requiren entre 600 e 1000 horas de frío, cultivares con requerimentos de frío de 250 horas (10 días) ou menos foron desenvolvidas para permitir o cultivo do pexego en zonas máis cálidas. Durante os períodos fríos ocorren na planta reaccións químicas básicas antes de que o vexetal torne a regromar. Cando remata o período de frío, a planta entra no chamado período de quiescencia, o segundo tipo de dormencia. Durante a quiescencia, os rebentos comezan a se abrir e agoman cando teñen calor de abondo. A quiescencia é a fase de dormencia entre a satisfacción de frío e o comezo do crecemento.<ref>{{citeCita web|title=Peach tree physiology|publisher=University of Georgia|year=2007|url=http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/pdf/physiology.pdf}}</ref>
 
Certos cultivares son máis febles, e outros, porén, aturan mellor o frío. Ademais de todo isto, para a maduración do pexego cómpre ter unha intensa calor no verán, entre 20 e 30 graos mínimas no mes de máis calor. Outro problema é que moitos pexegos medran en lugares con xeadas primaverais. O pexegueiero tende a florecer cedo, polo que as floriñas poden danarse ou incluso morrer por mor das xeadas serodias; especialmente cando as temperaturas baixan dos 4 graos baixo cero a maior parte da flores han morrer. Porén se as flores non abriron completamente poden aturar aínda un par de graos menos.
Liña 49:
Hai centos de cultivares de pexegueiro e nectarina. Clasifícanse segundo a facilidade que ten a carne de se separar da carabuña. Por exemplo nas '''pavía''', froito da '''pavieira''' (''Prunus persiva var. vulgaris''<ref>''Os cultivos agrícolas'' en ''Vocabulario do medio agrícola'', Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. ''Gran dicionario Xerais da lingua galega''. Vigo, Xerais, 2009. ''Vocabulario ortográfico da lingua galega''. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref>), a polpa está moi pegada á carabuña (o que en inglés se coñece coma ''clingstones''). Os que se separan facilmente da carabuña se denominan ''freestones''
 
O cultivo do pexego favoreceu algúns cultivares con máis firmeza, unha cor máis avermellada, e veludo máis curto; características importantes comercialmente. Pola contra estas características non implican que o froito teña máis sabor. Ademais cómpre salientar que o pexego non é un froito que teña unha longa vida post colleita, polo que forn seleccionados cultivares para poder exportar garantindo a firmeza.<ref>{{citeCita web|title=Varieties - Peaches|author=W.R. Okie|publisher=United States Department of Agriculture|year=2005|url=http://www.ent.uga.edu/peach/peachhbk/preplant/varieties.pdf}}</ref> Os diferentes países teñen cultivares diferentes.
 
=== Plantación ===
[[Ficheiro:Nectarine Fruit Development.jpg|thumbminiatura|300px|Secuencia de desenvolvemento dunha nectarina, dende a formación dos rebentos a comezos do inverno até a maduración a mediados do verán.]]
A meirande parte dos pexegueiros de alcouve que venden os viveiros son cultivares enxertados nun porta-enxerto seleccionado, o que fai que mellore a calidade da froita considerabelmente.
 
Os pexegueiros necesitan emprazamentos asollados con correntes de ar para garantir unha temperatura axeitada. Plántanse a comezos do inverno. Durante a etapa de crecemento necesitan regas regulares, con maiores frecuencias antes da colleita.<ref name=peachorchard>{{citeCita web |first=Dean |last=McCraw |url=http://pods.dasnr.okstate.edu/docushare/dsweb/Get/Document-1026/HLA-6244web.pdf/|title=Planting and Early Care of the Peach Orchard|publisher=Oklahoma Cooperative Extension Service |date=(unknown date)|accessdate=February 13, 2012 }}</ref>
 
Os pexegueiros necesitan unha fertilización con maiores unidades de [[Nitróxeno|azote]] ca outras froiteiras. Sen unha fertilización regular, as follas comezan a se tornar amarelas ou diminúe o crecemento. O nitrato amónico de calcio e a axuda de aminoácidos dan bos resultados.
Liña 71:
 
==== Nectarinas ====
[[Ficheiro:White nectarine and cross section02 edit.jpg|thumbminiatura|upright|Nectarinas brancas, enteira e partida]]
A variedade ''P. persica'' var. ''nucipersica'' (ou var. ''nectarina''), comunmente chamada nectarina, ten unha pela lisa sen o veludo do pexego, polo que ás veces tense chamado pexego careca, peladillo etc. Como nectarinas e pexegos vense comercialmente coma froitos diferentes, moitas veces tense crido que a nectarina é froito do cruzamento entre pexegos e ameixas, mais son en realidade a mesma especie. Moitos estudos xenéticos conclúen que as nectarinas se producen por mor dun alelo recesivo, mentres que o veludo do pexego correspondería a un alelo dominante.<ref name=osu>Oregon State University: [http://web.archive.org/web/20080714065820/http://food.oregonstate.edu/faq/uffva/nectarine2.html peaches and nectarines]</ref>
 
Liña 110:
!'''Total Mundial''' !! style="text-align:right;"| '''20.53''' !! style="text-align:right;"|13.3
|-
|colspan=3 style="font-size:90%" |''Fonte: FAO (Food & Agriculture Organization)''<ref name=fao2010a>{{citeCita web|url=http://faostat.fao.org/site/567/DesktopDefault.aspx?PageID=567#ancor |title=Major Food And Agricultural Commodities And Producers - Countries By Commodity |publisher=Fao.org |date= 2011|accessdate=2012-08-18}}</ref>
|}
Produtores de pexego historicamente importantes son a [[China]], [[Irán]], Francia e os países do Mediterráneo, coma [[Italia]], [[España]] e [[Grecia]]. En España son [[Cataluña]], [[Aragón]] e [[Murcia]] as rexións de produción máis importantes, ocupando un lugar destacábel [[Estremadura]] e [[Andalucía]].<ref>http://www.vidarural.es/articulos-produccion-comercializacion-y-consumo-melocoton-espana/1/1558.html</ref> Recentemente os Estados Unidos ([[California]], [[Carolina do Sur]]<ref>Fort Valley State University College of Agriculture: [http://web.archive.org/web/20080530124208/http://www.ag.fvsu.edu/publicat/commoditysheets/fvsu001.htm Peaches]</ref> e [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]]<ref>Georgia Peach: [http://www.american.edu/TED/georgiapeach.htm Georgia Peach Study]</ref>), Xeorxia é tamén coñecida como o "Peach State" (estado do pexego), pola súa abondosa produción deste froito.<ref>http://www.webmd.com/food-recipes/features/peach-10-healthy-facts</ref> O Canadá (British Columbia), e Australia (Riverland) tamén son hoxe importantes.<ref>[http://www.betterfarming.com/online-news/growers-left-lurch-cangro-plant-closures-go-ahead-390 Growers left in lurch as CanGro plant closures go ahead]</ref> As zonas de [[clima oceánico]], como o oeste de Europa, non son xeralmente satisfactorias para o cultivo do pexego por mor da falla de calor no verán, polo que ás veces cultívanse á beira dun muro, coma no caso dos cítricos, para apañar a calor acumulada na parede. Deste xeito, e sempre cunha orientación ao sur, as árbores poden florecer e ter unha boa produción. Isto ocorre en zonas coma o sur de Inglaterra ou Galicia, que non son zonas produtoras, xa que, por mor destas condicións, a comercialización non é rendíbel.
Liña 117:
 
== Significado cultural ==
[[Ficheiro:Momohatozu Huizong.JPG|thumbminiatura|left|Nesta pintura chinesa da dinastía Song aparece un paxaro e un pexego en flor, do emperador Huizong de Song, século XI, o paxaro semella unha pomba.]].
Os pexegos non son só unha froita popular, senón que constitúen un símbolo en moitas culturas tradicionais exaltados artisticamente en pinturas e relatos populares.
Na China apréciase moito os pexegueiros en flor. Os antigos chineses crían que o pexegueiro tiña unha grande vitalidade, xa que florece antes de que saian as follas. A lenda di que [[Momotaro]], un dos nobres e heroes máis notábeis do Xapón, naceu dun enorme pexego que frotaba nun regueiro. Momotaro ou o "Rapaz Pexego" viviu grandes aventuras, incluso loitou contra o demo''oni'' do folclore nipón.
Na Corea, os pexegos téñense cultivado durante séculos. Segundo ''[[Samguk Sagi]]'', os pexegueiros foron plantados no período dos ''tres reinos de Corea'' ''[[Sallim gyeongje]]'' tamén escribiu sobre o seu cultivo. O pexego vese coma un froito de ledicia, riqueza, honra e lonxevidade. É un dos dez froitos da inmortalidade, polo que aparecen e moitas pinturas tradicionais (''minhwa''). Ademais os pexegueiros teñen a fama de espantar os espíritos.<ref>{{citeCita web|url=http://100.nate.com/dicsearch/pentry.html?s=B&i=1013997&v=43 |title=한국에서의 복숭아 재배 |trans_title=Peach cultivation in Korea |publisher=[[Nate]] / [[Britannica]] |language=Korean |accessdate=2010-01-12}}</ref><ref>{{citeCita web|url=http://100.nate.com/dicsearch/pentry.html?s=K&i=255510&v=43 |title=복숭아 |trans_title=Peach |publisher=[[Nate]] / [[Encyclopedia of Korean Culture]] |language=Korean |accessdate=2010-01-12}}</ref>
 
No Vietnam tamén é unha árbore venerada. En Europa moitos artistas sonados pintaron naturezas mortas con pexegos. Caravaggio, Vicenzo Campi, Pierre Auguste Renoir, Claude Monet, Edouard Manet, Henri Jean Fantin-Latour, George Forster, James Peale, Severin Roesen, Peter Paul Rubens, Van Gogh están entre estes artistas que pintaron pexegos e pexegueiros.<ref>{{Cita publicación periódica|title=Still Life With Peaches|author=Janet M. Torpy|journal=JAMA|year= 2010|volume=303|number=3|pages=203-203}}</ref><ref name=janick>[http://www.hort.purdue.edu/newcrop%20/Hort_306/reading/Reading%2040-1.pdf Caravaggio’s Fruit: A Mirror on Baroque Horticulture - Jules Janick]</ref><ref>{{citeCita web|title=Caravaggio - Still Life with Fruit on a Stone Ledge (Book: Papers of the Muscarelle Museum of Art, Volume 1)|author=Aaron H. de Groftyear=2006|url=http://www.johntspike.com/uploads/CaravaggioFinalText12-23.pdf}}</ref> Na [[Renacemento|Renacenza]], usouse o pexego de xeito simbólico para representar o corazón, e a folla que o acompaña coma a lingua, o que simbolizaba dicir a verdade de corazón
 
== Nutrición ==
Liña 153:
| Folatos || 4&nbsp;ug
|}
Un pexego medio pesa 75 g e normalmente contén 30 Cal. 7 g de carbohidratos (6 g de azucres e 1 g de fibra), 1 g de proteínas, 140&nbsp;mg de potasio e o 8% do valor diario recomendado de vitamina C.<ref>USDA Handbook No. 8</ref> As nectarinas fornecen o dobre de vitamina A e algo máis de vitamina C, sendo tamén unha maior fonte de potasio ca os pexegos.<ref name=uri2000>{{citeCita web|title=Peach and Nectarine Culture|publisher=University of Rhode Island|year=2000|url=http://www.uri.edu/ce/factsheets/sheets/peaches.html}}</ref>
 
Coma outros membros da familia das [[Rosaceae|rosáceas]], as carabuñas dos pexegos conteñen [[glicósido]]s cianoxénicos, incluíndo [[amigdalina]]. Estas substancias son capaces de descomporse nunha molécula de azucre e en gas [[cianuro de hidróxeno]]. Malia non ser as carabuñas de pexego as máis tóxicas entre as rosáceas, posto que leva a améndoa acre, grandes doses de estes químicos poden ser perigosas para o ser humano.