Turba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2), |thumb| → |miniatura| (3)
Liña 1:
[[Ficheiro:Peat gatherers.JPG|thumbminiatura|Apañando turba en [[Westhay]], [[Somerset]] ([[Inglaterra]]) en 1905]]
[[Ficheiro:Peat stacks and cutting.JPG|thumbminiatura|Pías e cortes de turba en Westhay, Somerset, Inglaterra]]
 
A '''turba''' é un material orgánico, esponxoso, rico en carbono e de cor parda escura. Ten unha orixe vexetal, xa que se forma por acumulación de [[vexetación]] parcialmente descomposta formando capas xeralmente en rexións [[pantano]]sas, brañas, e tamén en zonas altas húmidas. Estes ecosistemas coñécense como [[turbeira]]s. Un dos compoñentes máis característicos das turbeiras é a vexetación que cobre o chan, salientando os [[musgo]]s do xénero ''[[Sphagnum]]'', aínda que atopamos moitas outras especies de arbustos e pequenas plantas. O solo con gran cantidade de turba coñécese co nome de [[histosol]]. A turba fórmase en solos con condicións moi húmidas, onde as charqueiras impiden que fluxos de osíxeno da [[atmosfera]] atravesen o chan e entren no solo, reducindo o grao de descomposición da [[materia orgánica]].<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 1.</ref>
Liña 6:
As turbeiras son a fonte máis importante de turba,<ref name="Gorham, E. 1957">Gorham, E. (1957). The development of peatlands. Quarterly Review of Biology, 32, 145–66.</ref> malia que, en menor medida, outros ecosistemas húmidos tamén poden conter bos depósitos, incluíndo [[Braña (ecosistema)|brañas]] ou lameiros, ''fens'', [[pocosín]]s ou bosques húmidos turbeiros.
As paisaxes con solos de turba teñen unha flora particular, especialmente musgos ''Sphagnum'', [[Ericaceae|ericáceas]] , e [[Cyperaceae|ciperáceas]]. Debido a que a materia orgánica vaise acumulando durante milleiros de anos, os depósitos de turba son un bo indicador da vexetación e o clima de tempos pasados, especialmente grazas á análise do [[pole]] que neles fica. Deste xeito é posíbel reconstruír o clima e os cambios climáticos que ocorreron no pasado así coma os cambios no uso do solo.<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. 323-325</ref>
A turba emprégase coma unha importante fonte de [[Combustible|combustíbel]] nalgunhas partes do mundo. Por volume, hai uns 4 trillóns de m³ de turba no mundo cubrindo un total do 2% da superficie terrestre, contendo arredor de 8 billóns de [[Joule|terajoules]] de enerxía.<ref>{{citeCita web |url=http://www.worldenergy.org/documents/ser2007_executive_summary.pdf |title=Survey of Energy Resources 2007 |accessdate=2008-08-11 |author=World Energy Council |year=2007 |format=PDF }}</ref>
 
== Distribución xeográfica ==
Liña 23:
A meirande parte das turbeiras actuais formáronse en latitudes altas despois da última [[glaciación]], co retoceso do xeo, hai uns 12.000 anos.<ref>Vitt, D.H., L.A. Halsey and B.J. Nicholson. 2005. The Mackenzie River basin. Pp. 166-202 in L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.</ref> A turba adoita acumularse moi aos poucos, nunha media dun milímetro por ano.<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 7.</ref>
A turba que hoxe temos formouse durante uns 360 millóns de anos, e contén unhas 550 [[Tonelada|xigatoneladas]] de carbono.<ref>
{{citeCita web |url=http://www.imcg.net/docum/peatrenewable.pdf |title=Peat should not be treated as a renewable energy source |accessdate=2007-02-12 |author=International Mire Conservation Group |date=2007-01-03 |format=PDF }}</ref>
 
Baixo condicións axeitadas, a turba pode considerarse un estadio previo da formación do [[carbón]].
 
== Tipos de turba ==
[[Ficheiro:Feu de tourbe.JPG|thumbminiatura|Lume de turba]]
A turba pode ser un material fíbrico, hémico ou sáprico. A turba fíbrica é a menos descomposta e aínda contén fibras intactas. As turbas hémicas están pouco decompostas, e as sápricas son, polo tanto, as máis descompostas.
Os especialistas adoitan dicir que un solo é de turba cando ten un alto contido en materia orgánica. Estes solos adoitan ser problemáticos pois teñen unha estrutura bastante pobre (pouca aireación, pouca infiltración de auga).