Gran Premio do Reino Unido de 1951: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2)
Liña 43:
[[José Froilán González]] foi un segundo máis rápido que [[Juan Manuel Fangio]] na clasificación, logrando a primeira pole position da súa carreira. Tamén foi a primeira pole position para o equipo Ferrari, e a primeira no Campionato do Mundo (con exclusión das carreiras das 500 Millas de Indianápolis), non marcada por un Alfa Romeo. [[Nino Farina]] e [[Alberto Ascari]] cualificaron en terceira e cuarta posición, completando a primeira fila. González e Fangio saíron disparados case en paralelo desde a primeira fila da grella, seguidos de cerca polos outros [[Alfa Romeo F1|Alfa Romeo]] e [[Scuderia Ferrari|Ferraris]]. O piloto de Alfa Romeo [[Felice Bonetto]], que saíu na sétima posición, foi o primeiro home na primeira curva, co Ferrari de González en segunda posición. González tomou o liderado de Bonetto na segunda volta, seguido de Fangio. Os [[British Racing Motors|BRM]] de [[Reg Parnell]] e [[Peter Walker]] foron en persecución dos líderes. O equipo chegara no último minuto, e non participara nas practicas, nin sequera clasificou para a súa primeira carreira, saíndo nas posicións 19 e 20. Na volta 6, Fangio comezou a achegarse a González, ó que lle pasou na recta na volta 10, e aos poucos comezou a afastarse. O [[Maserati]] de [[John James]] converteuse no primeiro retirado da carreira na volta 23 cun problema no radiador, pero pronto se lles uniron [[Luís Quirón]], compañeiro de equipo en Maseratti, o Ferrari de [[Alberto Ascari]] e Farina. Farina detívose na curva da Abadía logo de 75 voltas co embrague patinandolle e o seu motor en chamas. Farina stablecera a [[volta rápida]] na volta 38, cun tempo de 1 minuto 44 segundos, cunha velocidade media de 99´99 quilómetros por hora, asegurando un punto ese fin de semana. González volveu tomar a dianteira na volta 39 cun adiantamento na curva Becketts. Mantivo a súa vantaxe durante o resto da carreira (con exclusión dunha volta, cando entrou en boxes xusto antes de que o fixera Fangio). Os pilotos de BRM Parnell e Walker seguían correndo, a pesar de que estaban sufrindo queimaduras nas mans e nos pés, finalmente, acabarían quinto e sétimo respectivamente.
González logrou a súa primeira vitoria e a de Ferrari nunha carreira do Campionato do Mundo por 51 segundos. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial (con exclusión da Indy 500), que non foi gañado por un Alfa Romeo. Con todo un Alfa aínda estaba en segundo lugar, o de Fangio, campión ao final da tempada. [[Luigi Villoresi]] levou ao segundo Ferrari ao podio despois de terminar en terceiro lugar, dúas voltas atrás. Bonetto e Parnell foron os outros dous anotadores de puntos na carreira, acabando en cuarta e quinta posición respectivamente.
Ao final resultou que, González competira cun chasis e un motor máis vello que os dos seus compañeiros de equipo, Villoresi e Ascari.<ref name=BritshGP51>{{citeCita web|title=GRAND PRIX RESULTS: BRITISH GP, 1951|url=http://www.grandprix.com/gpe/rr012.html|work=grandprix.com|accessdate=1 April 2012}}</ref>
== Clasificación ==
Liña 422:
== Notas ==
{{Listaref}}
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de {{citeCita web |title=The Official Formula 1 website |url=http://www.formula1.com/results/season/1951/576/ |accessdate=2007-06-05 }}
 
=== Ligazóns externas ===