Era viquinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Consideracións históricas: Reino de Northumbria
Liña 2:
 
== Consideracións históricas ==
En [[Inglaterra]], a Era viquinga comeza o [[8 de xuño]] de [[793]], co saqueo da [[abadía]] de [[Lindisfarne]], coñecida no continente. Os monxes foron asasinados, arroxadoslanzados ó mar ou levados como escravos como parte do botín. Tres barcos viquingos arribaron á [[Baía de Portland]] tres anos antes, pero o máis probable é que se tratase dunha expedición comercial. Lindisfarne foi distinto. A devastación de [[Reino de Northumbria|Northumbria]] conmocionou e alertou ásas cortes reais de Europa. Este suceso formou unha imaxe dos viquingos que se mantivo durante os seguintes doce séculos. Non foi ata a década dos noventa do [[século XIX]] que os historiadores de fóra de [[Escandinavia]] comezaron a reconsiderar a súa concepción dos [[viquingos]], recoñecendo as súas habilidades na arte, a tecnoloxía e como mariñeiros.
 
Ata o reinado da raíña [[Vitoria I do Reino Unido]], os viquingos eran representados coma xentes violentas e sedentas de sangue. As crónicas da Inglaterra medieval sempre os retrataron como "voraces lobos entre ovellas". Durante o [[século XIX]], a percepción popular cambiou. En [[1920]], un casco alado foi presentado como unha figura do radiador dun modelo de coche da marca [[Rover (automóbil)|Rover]]. Isto supuxo a rehabilitación cultural dos viquingos en [[Gran Bretaña]].
 
Os primeiros cambios de moitas imaxes anti-viquingas comenzaron no [[século XVII]]. Edicións de eruditos sobre a Era viquinga chegaban a algúns lectores en [[Gran Bretaña]]. Os arqueólogos comenzaron a escavar en busca do pasado viquingo en Inglaterra. Os lingüistas investigaron para buscar expresións e proverbios rurais de orixe viquingo. Os dicionarios de lingua [[antigo nórdico|nórdica antiga]], permitironpermitironlles ós vitorianos coñecer as primeiras [[sagas islandesas]].
 
En [[Escandinavia]], [[Thomas Bartholin]] e Ole Worm, os eruditos dinamarqueses do século XVII, e [[Olaus Rudbeck|Olof Rudbeck]] en Suecia foron os primeiros en establecer as normas para o uso de inscriccións rúnicas e sagas islandesas como fontes. Na segunda metade do [[século XVIII]] as sagas islandesas eran usadas aínda como unha fonte histórica importante, pero a era viquinga era lembrada como un período bárbaro e incivilizado na historia dos países noruegueses. Ata fai pouco, a historia da era viquinga estaba baseada en gran parte nas [[sagas islandesas]], a historia dos dinamarqueses (''[[Chronica Jutensis]]'' escrita por [[Saxo Grammaticus]]), a [[crónica de Néstor]] e crónica ''[[Cogad Gáedel re Gallaib]]'' (''a guerra dos irlandeses contra os estranxeiros''). Aínda uns poucos estudosos consideran fiables estas fontes, aínda que os historiadores de hoxe en día confían máis na [[arqueoloxía]] e a [[numismática]], disciplinas que fixeron valiosas contribucións para entender este período.